+034 986 09 02 04 Venres 10 de Xullo de 2020

O concello de Campo Lameiro comeza a repartir gratuítamente 4500 mascarillas de autoprotección entre os seus veciños


O alcalde Carlos Costa, os seus concelleiros e persoal municipal entregan a cada veciño empadroado no municipio dúas mascarillas confeccionadas en Campo Lameiro por A Nosa Tapicería

 

O alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa Domínguez, os concelleiros do grupo de goberno e operarios municipais comenzaron esta mañá a repartir gratuítamente as 4.500 mascarillas confeccionadas por encargo do Concello a unha tapicería local que reconvertiu as súas máquinas e a súa producción para poder fabricar con tela TNT estes sistemas de protección individual.

Deste xeito a partir de hoxe cada veciño e veciña de Campo Lameiro disporá de dúas mascarillas de uso persoal doadas polo Concello e confeccionadas por A Nosa Tapicería para que podan ser usadas no caso de ter que saír a facer algunha compra ou, si se trata de alguén que teña que ir traballar, poda protexerse e evitar ao máximo ser vector de contaxio.

O alcalde, Carlos Costa, púxose en contacto a pasada semana coa empresa A Nosa Tapicería, que dirixe Rogelio Reboredo, para ve-la posibilidade de reconfigura-las máquinas de que dispón esta fábrica local para adaptalas á producción de mascarillas de autoprotección para poder axudar á poboación a previr contaxios e evitar a propagación do coronavirus entre os veciños e veciñas de Campo Lameiro.

Unha vez feitos os estudios pertinentes, Rogelio Reboredo e o seu equipo deu modificado o seu sistema de producción e coa colaboración económica do Concello de Campo Lameiro conseguiron en Vigo a cantidade suficente de tela da clase TNT Téxtil Non Tecido. E levan polo medio un filtro de papel similar ás mascarillas cirúrxicas, para poder levar a cabo esta labor altruísta por parte do empresario e que pretende protexer ao máximo á poboación de Campo Lameiro da pandemia.

Segundo o alcalde, Carlos Costa, “os veciños e veciñas de Campo Lameiro nunca lle estaremos suficientemente agradecidos a Rogelio Reboredo por este xesto de solidariedade que fixo con todos nós posto que paralizou por completo a súa actividade empresarial para darlle saída a estas mascarillas que nos axudarán a combatir desde as nosas casas esta pandemia do coronavirus. Persoas así son as que nos fan sentírmonos a todos e todas orgullosos da nosa xente e da capacidade de adaptación e iniciativa dos nosos emprendedores que son quen de sacrificar o seu interese persoal polo ben común dos seus veciños”, asegurou o rexidor.

Entréganse 2 mascarillas por persoas.

As mascarillas son lavables e reutilizables.

ALGÚNS USOS SON:

Hixiene: cueiros, toallas sanitarias, outros artigos desbotables como toallas desmaquillantes, toallas de mans, zapatillas…

Medicina: batas de hospital e de cirurxía, sabas de quirófano, envoltorios de cirurxía (a porosidad permite a esterilización).

 

Filtros: na industria automobilística, de aire, de aceite, de auga; no fogar, de café, de auga, bolsitas de té, aspiradoras; na industria farmacéutica, na extracción de minerais.

Deja un comentario