+034 986 09 02 04 Luns 23 de Novembro de 2020

A Deputación destina máis de 1,2 millóns de euros para que outros 8 concellos da provincia poidan contratar a 122 traballadores e traballadoras


Apróbase a novena relación da Liña 3 de Emprego do Plan Concellos 2020 para Agolada, Baiona, Bueu, A Cañiza, O Grove, O Porriño, Ribadumia e Silleda

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar a novena concesión de subvencións do Plan Concellos 2020 correspondentes á Liña 3 de Emprego coa que os concellos da provincia reciben a financiación necesaria para poder contratar traballadores e traballadores municipais. En concreto aprobouse unha achega de 1.283.529,45 euros que beneficiarán aos concellos de Agolada, Baiona, Bueu, A Cañiza, O Grove, O Porriño, Ribadumia e Silleda.

Agolada, que recibirá 115.228,89 euros, poderá contratar a 14 persoas: 2 profesionais de protección de medio ambiente, 3 poceiros/as de redes de saneamento, 4 pavimentadores/as, 3 peóns ou peoas, 1 persoa para conserxería e 1 ordenanza.

No caso do concello de Baiona, que recibirá 206.512,79 euros, poderá contratar a 18 persoas: 2 técnico/a superior en turismo, 1 condutor/a de camión, 3 peóns ou peoas de obra pública, 1 palista-operario/a, 1 canteiro/a, 1 persoa para conserxería, 1 auxiliar administrativo/a, 1 ordenanza-vixiante, 4 xardiñeiros/as, 1 persoa administrativa, e 2 peóns ou peoas de servizos.

Para Bueu, a Deputación fai unha achega de 132.262,38 euros coa que poderán contratar a 9 persoas: 1 arquitecto/a, 1 delineante, 1 oficial/a de albanelería, 1 de cantería, 1 de carpintería, 1 de fontanería e 2 de xardinería, e 1 peón ou peoa de obras.

No caso da Cañiza, que recibirá 122.700,14 euros, contratará a 13 persoas: 2 persoas de recollida de lixo, 1 persoa de mantemento-electricista, 3 peóns ou peoas de obras públicas e 2 de horticultura-xardinería, 2 condutores/as-operadores/as de maquinaria de vías, e 3 varredores/as.

Pola súa banda, O Grove, que recibe unha achega de 179.090,85 euros, contratará a 19 persoas: 1 carpinteiro/a, 9 peóns ou peoas de obras públicas, 3 forestais e 2 de xardinería, 1 auxiliar administrativo/a, 1 condutor/a, e 2 auxiliares de cultura.

A institución destina 247.680,80€ ao Porriño, cos que poderá contratar a 24 persoas: 1 traballador/a social, 1 diplomado/a en turismo, 3 oficiais ou oficialas de carpintería, 2 de soldador, 1 de electricista e 4 de albanelería, 2 peóns ou peoas de obras públicas, 1 auxiliar de enfermería e 2 de biblioteca, 1 auxiliares técnicos/as informáticos/as, 2 peóns ou peoas forestais e 2 de limpeza, e 2 persoas para conserxería.

No caso de Ribadumia, que recibe unha achega de 106.310,40 euros, poderá contratar a 12 persoas: 2 oficiais ou oficialas de albanelería, 1 limpiador/a, 2 mozos/as de recollida de lixo, 1 condutor/a de camión, 1 peón ou peoa de obras públicas, 2 de albanelería, 1 de fontanería, 1 de carpintería e 1 de electricidade.

Por último, Silleda recibe 173.743,20 euros da Deputación para contratar a 13 persoas: 4 peóns ou peoas de limpeza viaria, 3 de obras públicas, 1 de electricidade e 1 de albanelería, 1 animador/a sociocultural, e 3 tractoristas.

A selección deste persoal faise desde os concellos, entre persoas desempregadas, a través do Servizo Público de Emprego e os contratos estenderanse ata o 31 de decembro deste ano 2020. Co Plan Concellos 2020, a Deputación pon a disposición dos 59 municipios da provincia de menos de 50.000 habitantes 42,2 millóns de euros. En concreto para a Liña 3 de emprego achega 9,5 millóns de euros.

Deja un comentario