+034 986 09 02 04 Venres 14 de Decembro de 2018

Éxito do festival solidario para recaudar material escolar con destino a nenos e nenas de familias con escasos recursos económicos en Ponte Caldelas


A choiva obrigou a trasladar o evento ao pavillón municipal onde actuaron o dúo musical “Los Magos”, “Las esmeraldas del desierto”, “Jane Zouk y Luisinho Astral”, así como varios instructores de Zumba

Éxito de participación e público do Festival Solidario e Master Class de Zumba organizado en Ponte Caldelas para recaudar material escolar con destino a nenos e nenas de familias con escasos recursos económicos. A intensa choiva obrigou a cambiar o lugar de celebración, da Alameda ao Pavillón Municipal de Deportes que, aínda así, acolleu unha moi boa afluencia de público.

O Concello de Ponte Caldelas colaborou con este evento organizado por Adriana García, instructora de Zumba, e no que participaron artistas como o dúo musical “Los Magos”, “Las esmeraldas del desierto”, que ofrecerán o seu baile do ventre, “Jane Zouk y Luisinho Astral”, así como varios instructores de Zumba.

Este festival solidario, que contou coa colaboración de Cáritas así como das ANPA do colexio e do instituto, pretendía axudar na recadación de material escolar para que poda ser utilizado no vindeiro curso polos nenos e nenas escolarizados no municipio e que precisen destos elementos para realizar os seus estudios e as súas familias teñan serias dificultades económicas para afrontar este gasto.

As actuacións musicais tanto como as coreografías levadas a cabo por instructores de zumba como Adriana García, Vitor Silva, Lulu e Say foron feitas de xeito altruista e desinterado e forman parte do carácter solidario que teñen as persoas que participan neste evento que pode ser seguido tamén nas redes sociais tanto en Facebook como en Twitter.

Deja un comentario