+034 986 09 02 04 Xoves 04 de Xuño de 2020

A cifra de denuncias por incumprimento do confinamento no Porriño ascende ás 193 denuncias tramitadas pola Policía Local


Unha parella circulando en coche pola Avenida Domingo Bueno, ás 1,57 da madrugada de hoxe; a maiores, o conductor, un varón de 37 anos, bébedo xa que triplicaba a taxa de alcohol na proba de alcoholemia, é o último caso denunciado pola Policía Local de O Porriño por incumprimento do estado de alarma.
Neste caso, ademais, da correspondente sanción que lles impoña a Subdelegación de Goberno a ambos, hai outras consecuencias porque a Policía Local inmovilizou o vehículo e instruironse dilixencias contra o conductor por presunto delito contra a seguridade vial, remitidas ao xulgado de garda.
Con este episodio, a Policía Local de O Porriño totaliza ata a mañán de hoxe, 193 denuncias por rachar e incumprir o confinamento decretado polo Goberno a causa da pandemia do “Covid-19”. Polo tanto arroxa unha media de una denuncia por cada 105 habitantes do termo municipal.

Deja un comentario