+034 986 09 02 04 Xoves 04 de Xuño de 2020

Mos reforza a súa Policía Local con 2 auxiliares


O contrato é por un prazo de 4 meses prorrogables 2 meses máis

Coa incorporación o 3 de abril dos 2 auxiliares, a Policía Local do Concello de Mos suma 10 axentes, ao terse incorporado tamén o pasado 5 de marzo dous novos policías locais Funcionarios de Carreira.

Deste xeito a Policía Local de Mos conta, a día de hoxe, cunha plantilla de 8 policías e 2 auxiliares de policía. Así o informaba esta mañá a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, quen declaraba ao respecto que «desde a administración local mosense seguimos apostando por reforzar a nosa Policía Local, concientes da necesidade de potenciar ao noso corpo municipal de seguridade, a prol dunha maior protección e tranquilidade da veciñanza, máxime en tempos de crise como os que estamos a vivir».

A rexedora local mosense, Nidia Arévalo, aproveitou hoxe para darlle as grazas á Policía Local mosense, ao seu Xefe, Gerardo Álvarez, e a todos e cada un dos axentes locais, «por estar día tras día nas rúas, para protexernos e axudarnos en todo o que está nas súas mans. E polo seu exemplar labor nestes duros momentos de crise sanitaria».

Deja un comentario