+034 986 09 02 04 Xoves 04 de Xuño de 2020

O concello de Arbo compra pantallas protectoras que reparte entre os colectivos e o comercio local de Arbo


O Concello de Arbo adquire con fondos propios máscaras protectoras que repartiu entre os traballadoras de Axuda no Fogar, Servizos Socias e persoal de servizos varios

A distribución de pantallas protectoras para previr o contaxio do coronavirus xa
chegou aos establecementos comerciais que permanecen abertos en Arbo,
tamén ao persoal sanitario do centro de saúde, correos, garda civil, persoal
municipal e taxistas para prover a eses colectivos que teñen a obriga de prestar
servizos considerados esenciais.
O reparto aos comerciantes foi realizado polo alcalde, Horacio Gil, que quixo
coñecer en primeira persoa como viven os comerciantes este momento tan
duro para todos, pero especialmente para eles que teñen que estar en continuo
contacto con a cidadanía – informa o rexedor. Nestes momentos ante o
aumento da demanda de material de protección e das dificultades para
conseguir cubrir as necesidades existentes, o Concello quere colaborar na
protección de todos os veciños e veciñas, do persoal dos comercios, do persoal
municipal, dos técnicos do 061… posto que son os que máis expostos están
neste momento – remata o alcalde Horacio Gil
OUTRAS MEDIDAS CONTRA O CORONAVIRUS

O Concello segue coa desinfección semanal de todas as parroquias, co servizo
de taxis gratuíto, a atención aos colectivos vulnerables as 24 horas, limpeza de
contedores e desinfección de vehículos e locais municipais, entre outras.
O Concello de Arbo tamén repartiu o material educativo primaria despois das
conversas mantidas coa dirección do CEIP Antonio Carpintero,.

Deja un comentario