+034 986 09 02 04 Xoves 04 de Xuño de 2020

O concello de Nigrán decreta dous días de loito oficial ante o falecemento repentino do seu Policía Local Víctor Fernando Lomba González


Á Concentración dos axentes da Policía Local na Praza do Concello de Nigrán ás 20:00 horas uníuse o alcalde de Nigrán e o de Gondomar, e representacións das policías locais de Baiona, Gondomar, Redondela e Porriño, ademais de Guardia Civil, GES, Protección Civil Val Miñor e Servizos de Ambulancias do 061.

O Concello de Nigrán decreta dous días de loito oficial e bandeiras a media hasta ante o falecemento repentino esta noite do seu policía local Víctor Fernando Lomba González, de 53 anos de idade, e quen entrou a formar parte deste corpo no ano 1998 (IX promoción). O Concello de Nigrán, en nome de todos os traballadores e a corporación, traslada as súas condolencias e o seu pesar á familia, compañeiros e achegados. Ao mesmo tempo, comunica que os axentes e o alcalde de Nigrán se reunirán esta tarde ás 20:00 horas na Praza do Concello para render homenaxe ao seu compañeiro e invita á veciñanza a adicar o aplauso a este corpo de seguridade como sinal de apoio nestes intres tan complicados e de recoñecemento pola súa labor .

Deja un comentario