+034 986 09 02 04 Sábado 30 de Maio de 2020

Mañá realizaranse os test por COVID 19 aos membros da Policía Local


Un equipo do SERGAS desprazarase mañá até Tui para
realizar o test do COVID 19 aos membros da Policía Local que nas últimas xornadas
estiveron en contacto co auxiliar da Policía Local que deu positivo por coronavirus. Esta
persoa está illada no seu domicilio dende o pasado sábado cando acudiu ao médico tras
presentar o venres os primeiros síntomas. No día de onte recibiu o resultado positivo no
test.
Seguindo as recomendacións do médico de Prevención de Riscos Laborais do Concello
dende onte á tarde os membros da Policía Local que coincidiron en quendas de traballo
con este auxiliar están nas súas casas, a espera da realización do test na xornada de mañá.
Ningún dos axentes e auxiliares presentas síntomas.
Durante a xornada de hoxe e até contar co resultado dos test o servizo da Policía Local
está a ser cuberto por dous efectivos. Hoxe novamente procedeuse a desinfección das
instalacións, ao igual que se fixera xa no día de onte.
Dende o Concello de Tui desexan unha pronta recuperación ao membro da Policía Local
afectado polo COVID 19, e de reitera o agradecemento polo labor que están a realizar
dende este corpo. Tamén se fai fincapé na importancia nestes días festivos de manter o
confinamento.
Por outra parte membros da BRILAT, a través da Subdelegación do Goberno, procederon
ao longo desta mañá a realizar tarefas de desinfección tanto no exterior coma no interior
da Residencia San Telmo e da Residencia Paz y Bien.

Deja un comentario