+034 986 09 02 04 Sábado 30 de Maio de 2020

Recursos on line para a lectura nova proposta para estes días de confinamento


Dende a Biblioteca Pública Municipal de Tui realizouse
unha compilación de recursos en liña sobre libros e lectura. Deste xeito búscase aportar
proposta de lectura para estes días de confinamento accesibles a través
Galicia Le
Por unha parte a Biblioteca Pública Municipal de Tui forma parte da Rede de Bibliotecas
Públicas de Galiai que conta ao plataforma de préstamos de obras – libros, revistas,
audiolibros e películas – en formato electrónico Galicia Le . O obxectivo da plataforma é
facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura. Proporciona un servizo de préstamo
temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas ficción, informática, historia,
ocio …
GaliciaLe conta cun “Catálogo galego” e outro “Catálogo en castelán”. As obras incluídas
nos mesmos poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos
móbiles e ordenadores persoais. No caso dos libros, poderá facers, ademais, desde un
lector de libro electrónico.
O acceso pódese facer co carné de socio da Biblioteca de Tui ou de calquera outra
biblioteca que pertenza á rede ou rexistrándose directamente en Galicia Le.
Concurso “Un poema na túa voz”
A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, GALIX, promove o concurso “Un poema na
túa voz” dirixido a nenos e nenas de 6 a 14 anos e as súas familias. Para participar hai que
elixir un poema tradicional ou de autor, gravalo co móbil ou no ordenador e envialo a
galix@galix.org . As bases completas están na web de GALIX.
Iniciativas para acceder á literatura infantil e xuvenil
O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra abre as súas portas no mundo dixital, e
ofrece contidos todos os días no seu  Salón Virtual .
O Colectivo NOGA, Narración Oral Galega, creou a canle de YouTube  Pandemia de contos ,
onde se poden atopar historias breves contadas por diversas narradoras e narradores
orais.
A editorial Galaxia ten creada no Instagram a conta  Galaxia Infantil , na que se están a
colgar vídeos nos que as autorías falan dos seus libros
A páxina web de Kalandraka, que ofrece moito material videográfico arredor da literatura
en Contos contados , Vídeosmusicais ou Cantar e contar  .
Na páxina d os Bolechas , ofertan contido para ocupar o tempo de lecer das crianzas.
Na web do  Xabarín  en CRTVG están dispoñibles vídeos, series, música, audio-contos e
xogos en galego. Tamén están accesibles divertidos  Karaokes do Xabarín , para cantar en
familia, na canle YouTube do  Xabarín .
Na canle de YouTube  Sonárbore , a canle en youtube da Editorial Galaxia, hai moitos
vídeos para cantar e bailar en galego.
Na páxina da Real Academia Galega: contidos para o público infantil sobre Carballo Calero
a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas:  http://primaveradasletras.gal/
Pódense atopar máis recursos na web de Galix.

Deja un comentario