+034 986 09 02 04 Sábado 30 de Maio de 2020

Os viticultores de Arbo, súmanse a desinfección do concello de Arbo


Pequenos viticultores de Arbo, súmanse a loita contra o coronavirus, colaborando na desinfección do Municipio

O Concello de Arbo dende un primeiro momento elaborou un plan de limpeza
e desinfección que comezaba nos primeiros días do decreto da crise sanitaria
coa finalidade de minimizar o risco de infección por coronavirus. Estas tarefas
empezaron sendo realizadas coa colaboración de tres adegas de Arbo, As
Laxas, Marqués de Vizhoja e Pazo Pondal que puxeron a disposición do
Concello a súa maquinaria e persoal para realizar as tarefas de desinfección
segundo os protocolos establecidos, supervisados e coordinados polo alcalde,
Horacio Gil.
A estas adegas colaboradoras fóronse sumando pequenos viticultores que se
puxeron a disposición do Concello para desinfectar as rúas, lugares públicos e
núcleos de poboación de todo o municipio. O pasado venres día 3 de abril os
primeiros viticultores desinfectaban os núcleos da parroquia de Arbo e o
sábado 4 de abril outro grupo o facía nos núcleos da parroquia de Sela, o
mercores día 8 de abril novamente os viticultores saen cos seus tractores para
desinfectar todas as parroquias do Concello de Arbo.
Horacio Gil, afirma, que son moitos os veciños e veciñas arbenses que se
ofreceron para colaborar co Concello de Arbo mostrando a súa implicación,
solidaridade e preocupación, do que como alcalde, me fai sentiro moi orgulloso.
Expreso o meu orgullo- dí Horacio Gil- pola resposta que están a dar os
arbenses ante as severas medidas adoptadas polas autoridades sanitarias,
pola Xunta de Galicia e polo Goberno de España, medidas moi duras para eles
e para mín. Estamos a dar exemplo de organización e de cumprimento estrito
de cada orde que recibimos, actuando con lealdade e seguindo as medidas de
prevención precisas coa finalidade de conter a propagación do virus e tratar de minimizar as afeccións no noso municipio. Para elo debemos seguir cumprir do
estritamente as recomendacións, evitando ao máximo saír dos nosos
domicilios. Entre todos podemos conseguir que este virus non se propague
na nosa area de influencia- remata o rexedor.

Deja un comentario