+034 986 09 02 04 Domingo 20 de Setembro de 2020

Fundación Amigó reforza o servizo gratuíto de atención telefónica na Coruña e Vigo para evitar situacións de conflito familiar durante a corentena


 

En momentos de convivencia intensa, adoitan aparecen conflitos entre os diferentes membros da unidade familiar.

Convivir resulta xa de seu un reto para moitas familias, require de esforzo por parte de todos os membros así como tamén de respecto e comprensión. Pois ben, poñamos que esta fórmula que no día a día habitual, onde cada un ten as súas rutinas dentro e fóra do fogar, cambiando de ambientes e de contorna social, funciona de forma xenérica, pero en época de corentena pode non ser suficiente.

Estes últimos días son moitos os profesionais da saúde mental que se pronunciaron acerca dos efectos que o confinamento pode ter no benestar psicoemocional das persoas. Un incremento da ansiedade, dificultades para conciliar o soño, tensión, preocupación polo porvir… son só algúns dos aspectos sinalados. Se temos claro que estas poden ser reaccións habituais á corenta, tamén temos que ter en conta como todo iso pode influír na nosa actitude e comportamento cotián e polo tanto na convivencia familiar.

“Os conflitos están presentes no día a día de todas as persoas, e sabemos que non sempre son sinónimos de fatalidade, senón que poden supoñer unha oportunidade de crecemento ou de mellora, tanto a nivel individual como colectivo. Esta visión constructivista e positiva do conflito pode volverse máis difusa en época de corenta, xa que non sempre contamos coa posibilidade de ter un espazo para a intimidade ou para evadirnos da realidade que nos rodea por momentos e acougar os ánimos. Esta cuestión fai que pequenas desavinzas do día poidan ir en aumento, conlevando unha maior tensión na convivencia que pode desencadear un aumento dos conflitos, especialmente entre proxenitores e fillos e fillas”, sinalou Raquel Gallego, psicóloga no Proxecto Convivindo en Galicia.

Atendendo a esta necesidade, o Proxecto Convivindo, recurso promovido pola Fundación Amigó, habilitou varios teléfonos de contacto e medios telemáticos que permitan un contacto directo coas familias que se atopen neste tipo de situacións, dando unha resposta especializada a este tipo de conflitos por parte de psicólogas e educadoras sociais con experiencia profesional neste ámbito.

Trátase de poñer ao alcance das familias un recurso especializado en situacións de conflito, concretamente cando os seus fillos/ as mostran algún tipo de violencia cara ás figuras adultas de referencia, adaptado a épocas de corentena.

O Proxecto Convivindo é unha proposta socioeducativa e terapéutica da Fundación Amigó que intervén en situacións de conflito familiar, concretamente na prevención e intervención da violencia filio- parental. Actualmente en Galicia, existen dous Proxectos Convivindo, situados na Coruña e Vigo. No pasado ano, atendéronse 294 usuarios/ as, pertencentes a 104 familias en ambos os recursos, reflectindo a necesidade dunha resposta específica #ante este tipo de problemática, en moitas ocasións invisible.

 

Contacto Proxecto Convivindo A Coruña:

682701210 // conviviendo.coruna@fundacionamigo.org

Contacto Proxecto Convivindo Vigo

692698665 // conviviendo.vigo@fundacionamigo.org

Sobre Fundación Amigó

Fundación Amigó é unha entidade sen ánimo de lucro que desde 1996 traballa para contribuír á transformación social e individual da infancia e mocidade máis vulnerable, ofrecendo oportunidades a mozas en risco ou en situación de exclusión social, acompañando a mozas na súa transición á vida adulta e resolvendo os conflitos entre os adolescentes e as súas familias.

 

Desenvolve a súa acción a través de 10 programas e 57 proxectos sociais e educativos. Entre os seus ámbitos de actuación destacan a protección da infancia e a adolescencia, intervención con menores en conflito coa lei, prevención e participación, atención á violencia filio- parental, emancipación e apoio á inserción sociolaboral, intervención en adiccións, sensibilización e cooperación internacional. Durante 2019 traballaron con máis de 20.000 nenos, nenas, adolescentes e novas e máis de 900 familias en 6 países.

Deja un comentario