+034 986 09 02 04 Domingo 20 de Setembro de 2020

O concello de O Porriño xa gastou 70.000€ en axuda alimentaria extra para os máis desfavorecidos


O Concello de O Porriño tivo que ampliar a partida, inicialmente de 20.000
euros ata os 70.000 €, para atender ás familias máis desfavorecidas e
persoas con dificultades económicas para que puideran abastecerse de
alimentos frescos e produtos básicos de primeira necesidade dende que
comezou o estado de alarma.
As sucesivas prórrogas obrigaron a incrementar a partida económica,
mediante crédito extraordinario. Ademais a previsión inicial de persoas a
atender multiplicouse pola prolongada paralización económica que afecta
gravemente a máis de 200 familias do concello, que precisan desta axuda
de emerxencia.
David Alonso, concelleiro de Servizos Sociais e Emprego non descartou
que “teñamos que afrontar unha nova ampliación da partida para esta
emerxencia social en caso de novas prórrogas do estado de alarma. É unha
circunstancia que valoraremos”, engadiu David Alonso.
Para atender esta emerxencia, o Concello do Porriño establecera un
contrato con “Supermercados Froiz” para que as persoas e familias máis
desfavorecidas puideran aprovisionarse deses produtos frescos e de
primeira necesidade nos establecementos desa firma na rúa Ramón
Gónzalez e tamén en Torneiros.
Coa achega municipal, as compras das familias máis desfavorecidas, que
previamente valoraron os técnicos de Servizos Sociais, vanse
descontando. A cada beneficiario da axuda, atribúeselle unha contía
semanal que é o importe das compras que poden realizar no super.
Esta acción extra do Concello de O Porriño complementa á axuda
periódica que distribúe o Banco de Alimentos “SOS Porriño” que tamén
dobrou o número de demandantes a ta chegar a 300 familias.

Deja un comentario