+034 986 09 02 04 Luns 30 de Novembro de 2020

A Mancomunidade do Val Miñor pide ao SERGAS “datos concretos” da evolución do COVID-19 nos tres municipios


O presidente da Mancomunidade e alcalde de Baiona, Carlos Gómez, insiste na necesidade de dispoñer de “datos reais e fiables” para que Baiona, Nigrán e Gondomar poidan adoptar as medidas máis adecuadas

O presidente da Mancomunidade de Municipios do Val Miñor e alcalde de Baiona, Carlos Gómez,
vén de solicitar do SERGAS que, “á maior brevidade posible” lle sexan facilitados datos “reais e
fiables” sobre a evolución do COVID-19 na comarca.
Gomez destaca a importancia de posuír dita información “para que os concellos de Baiona, Nigrán
e Gondomar saiban como afecta a pandemia á súa poboación, a curva de evolución prevista e, en
consecuencia, poder adoptar as medidas correctoras máis adecuadas e máis efectivas para a súa
veciñanza”.
O presidente da Mancomunidade do Val Miñor lamentou que eses datos que agora solicita “non
foran remitidos ‘de oficio’ polo SERGAS dende hai tempo”, ao tratarse, dixo, “dunha situación de
alerta sanitaria que afecta ao conxunto da cidadanía sen distinción e na que é imprescindible que
todas as administracións traballemos de xeito coordinado”.
Carlos Gómez, que agarda unha resposta “á maior brevidade posible”, insistiu en que “coñecer os
datos reais da actual situación sanitaria permitiríanos aos concellos axustar as medidas que xa
estamos desenvolvendo de cara a facelas máis eficaces”.

Deja un comentario