+034 986 09 02 04 Luns 30 de Novembro de 2020

O concello da Guarda intensifica o apoio ás persoas mais vulnerables durante a pandemia


No día de hoxe tivo lugar unha nova reunión da Comisión sobre o COVID-19 á que asistiron,
de xeito presencial e online, todos os membros do Goberno Local así como representantes
de Servizos Sociais, GES e Policía Local.
Estas reunións veñen celebrándose semanalmente desde o inicio do Estado de Alarma e
fundamentalmente teñen como obxectivo buscar solución a problemas e dificultades que
van xurdindo co paso das semanas, detectar necesidades da poboación que aínda non
están cubertas, así como comunicar e dar conta a todo o equipo dos avances e todas as
accións que se poñen en marcha por iniciativa dos distintos departamentos.
Un dos principais focos de atención do Concello da Guarda estivo desde un primeiro
momento posto na protección e apoio aos colectivos máis vulnerables perante esta
situación, e estanse a levar a cabo todas as accións tendo en conta especialmente a estes
colectivos.
Unha parte da sociedade para a que esta situación de illamento está a resultar
especialmente dura é para o conxunto das persoas maiores, especialmente para aquelas
que non teñen familia preto ou viven soas.
Xa desde os primeiros días do Estado de Alarma organizouse a través de Servizos Sociais, e
en coordinación co Grupo de Emerxencias Supramunicipal, un servizo de realización de
compras e entrega a domicilio co fin de evitar que persoas consideradas poboación de risco
non se viran obrigadas a saír da casa.
A medida que o estado de alarma se prolongaba, xurdía no Concello a preocupación polas
consecuencias a nivel psicolóxico que o confinamento podería estar provocando nestas

 

persoas, xa de por si moito mais vulnerables. Polo que fai uns días púxose en marcha unha
iniciativa de acompañamento afectivo a distancia a través da que se está prestando
atención personalizada de forma telefónica a persoas que viven soas ou que teñen algunha
necesidade. Neste servizo participarán preto de 20 voluntarios e voluntarias, así como
técnicos e demais persoal do Concello.
A estas medidas uniuse, desde a pasada semana, unha proposta pola Asociación de
Parkinson do Baixo Miño que está a repartir a través do Concello cadernos con actividades
de estimulación cognitiva para reforzar a memoria e que se irán colgando para a súa
descarga na páxina web do Concello. Para adquirilos en formato papel deberase contactar
con Servizos Sociais no teléfono 986 61 45 07, teléfono que tamén estará dispoñible para
calquera necesidade da poboación.
Durante os próximos meses, unha vez finalizado o Estado de Alarma, o Concello continuará
traballando de igual xeito para seguir apoiando aos máis vulnerables fronte ao COVID.

Deja un comentario