+034 986 09 02 04 Martes 04 de Agosto de 2020

Dez mil reproducións nunha hora, o tema musical “Estou na corentena” revoluciona as redes sociais


A concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, lanzou onte nas redes sociais facebook e twitter unha nova versión do afamado tema “Estou na lavadora” orixinaria
do grupo ponteareán “O Caimán do Río Tea”.
Os grupos e músicos de Ponteareas uníronse para crear e interpretar esta nova versión
que arrasou nas redes sociais conseguindo máis de dez mil visualizacións en tan só
unha hora.
“Estou na corentena” é o título desta divertida versión na que participan integrantes
dos grupos O Caimán do río Tea, SonDaRúa, Sulfatar, Skandalo GZ, Max Power, School
e artistas como Tonhito de Poi, Chico López, Duke Sam e Baby Jane.
O concelleiro de Cultura e o concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó, destacan a boa
acollida deste videoclip que onte pola noite fixo bailar ás familias ponteareás e de toda
Galicia cunha versión dun tema que acadou o éxito da man do programa de Televisión
de Galicia, “Xabarín Club”.
“Estou na corentena” pódese escoitar nas páxinas de facebook Concello de Ponteareas
e Cultura e Turismo Ponteareas e no twitter @ponteareas_gal e @visitponteareas

Deja un comentario