+034 986 09 02 04 Sábado 08 de Agosto de 2020

O alumnado do Conservatorio de Música da Guarda continúa coa súa formación de xeito telemático


Dende o pasado 13 de marzo e despois de manterse unha reunión entre o equipo do
profesorado do Conservatorio de Música Elemental da Guarda e a Concelleira Delegada
María Elena Baz, acordouse a suspensión das clases presenciais, manténdose as mesmas en
activo de xeito telemático a través de videochamadas nas cales o profesorado está a
impartir clases continuando cos mesmos horarios antes da activación do estado de alarma.
Deste xeito se trata de acadar certa normalidade con respecto á formación musical dos
alumnos e alumnas do Conservatorio de Música Elemental da Guarda, cun contacto directo
cos seus profesores, compañeiros e compañeiras de clase e, como non podía ser doutro
xeito, cos instrumentos.
Tal e como se manifestou dende a dirección do Conservatorio, esta experiencia está a dar
moi bos resultados, cunha valoración moi positiva, tanto por parte dos alumnos coma por
parte do equipo do profesorado.

Deja un comentario