+034 986 09 02 04 Xoves 04 de Xuño de 2020

Día Solidario da Escola de Verán do Grove


Os rapaces e rapazas da Escola de Verán poñerán un posto de limoada para recadar fondos para unha Ong

O Grove, 20 de agosto de 2015. Mañá venres os rapaces e rapazas da Escola de Verán do Concello do Grove celebrarán o seu día solidario. Nesta edición colaborarán con “Esperanza Salnés”, unha asociación sen ánimo de lucro que dende 1997 ofrece terapias e tratamentos específicos a discapacitados coa finalidade de darlles alternativas asistenciais e mellorar a súa calidade de vida. A iniciativa dos alumnos e alumnas da Escola de verán será colocar un posto de limoada que ofrecerán, xunto cun marcapáxinas decorado por eles mesmo, por un euro. Para este fin colocarán un posto diante do Concello entre as 11.00 e as 12.30 da mañá.

Logo desa actividade un grupo cativos achegaranse ó Mercado Municipal para coñecer os distintos postos e os produtos que se ofertan mentres que outro grupo continuará coas actividades na Casa da Cultura.

Festa fin de verán

A partires da vindeira semana os rapaces e rapazas comezarán a preparar a Festa de Fin de Verán con diferentes actuacións e representacións musicais. O día de celebración da Festa tamén se realizará o sorteo dun agasallo entre aqueles rapaces que superaran o reto “Explora O Grove” no que os nenos e nenas participantes na Escola tiveron que fotografarse en distintas locacións da vila e posteriormente recoñecer as imaxes.

Deja un comentario