+034 986 09 02 04 Xoves 29 de Outubro de 2020

O interventor presenta un informe desolador da situación económica do Concello de Ponte Caldelas e conmina ao alcalde a endereza-lo rumbo e á contención do gasto


Advirte que está “nunha situación en que prácticamente esgota a capacidade de gasto do orzamento, de xeito que unha leve merma nos ingresos pode provocar un rápido deterioro da situación economico-financieira do Concello”

 

O Partido Popular de Ponte Caldelas contempla con preocupación o informe emitido polo interventor sobre a liquidación do orzamento xeral municipal do ano 2019 que en palabras do técnico asegura que “esta situación reafirma a necesidade de promover unha política de contención do gasto a efectos de reverter a situación que se está a xerar e que en último caso conducirá a un deterioro da situación económico-financeira do Concello, de persistir a obtención de resultados orzamentarios negativos”.

Ante esto, os concelleiros do Partido Popular pedirán explicacións no vindeiro Pleno Ordinario que o alcalde debe convocar obrigatoriamente no mes de maio onde os edís do PPdeG incidirán, de novo, no seu labor fiscalizador da acción de goberno para evitar un descalabro total nas contas municipais.

Segundo o PPdeG, a situación é moi grave xa que fía toda a súa xestión a unha política de aprazamento de pagos obrigando a deixar dun ano para outro cantidades inxentes en facturas pendentes de pago que no principio deste ano cifrou en máis dun millón de euros dos cales 700.000 euros tiveron que someterse a Pleno para un recoñecemento extraxudicial de débeda hipotecando o futuro orzamentario do presente exercizo.

Para o PPdeG este “modus operandi” ten a súa caducidade no tempo e avoca ao Concello a ter que solicitar novos créditos para garantir o seu funcionamento. “Está a esgotar a súa inxeñeria financeira aprazando as débedas de ano a ano xogando cos impagos a proveedores facendo cadrar as contas cos recoñecementos extraxudiciais que aumentan cada ano de xeito exponencial e sobre o que o interventor advirte da fraxilidade da solvencia económica do municipio onde advirte que o Concello está nunha situación en que prácticamente esgota a capacidade de gasto do orzamento, de xeito que unha leve merma nos ingresos pode provocar un rápido deterioro da situación economico-financieira do Concello, pois presenta menor rixidez o axuste de gasto, que en grande medida é gasto voluntario, que o axuste de ingresos, que maioritariamente proveñen de outras administracións, con escasa o nula capacidade de influencia do Concello, ou de tributos e prestacións coactivas en xeral, que están sometidos ao principio de reserva de Lei, co que resulta gravoso incidir sobre eles”, tal e como se recolle textualmente do informe do interventor.

Estas recomendacións saen precisamente de que o técnico municipal é sabedor da maniobra de distracción do alcalde ao facer encaixes de bolillos contables para reflectir un remanente de tesourería dun 400.000 euros inexistentes na práctica ao pasar ao exercizo seguinte (ano 2020) facturas sen pagar por importe duns 700.000 euros que foron a recoñecemento extraxudicial de crédito no Pleno de febreiro e así “maquilla-las contas do exercizo do 2019”, aseguran desde o grupo municipal do PPdeG.

Xa o Pleno económico do mes de febreiro o PPdeG puxo de manifesto que no informe de Intervención sobre o derradeiro trimestre do ano 2019 xa recollía que o Concello deixou “facturas pendentes de pagar ao final do trimestre” de 1.033.920,99 euros (949.098,43 dentro do periodo legal e 84.822,56 fóra) o que revelaba xa dalquela unha clara e nefasta xestión económica de Díaz ao fronte do Concello de Ponte Caldelas.

Deja un comentario