+034 986 09 02 04 Mércores 28 de Outubro de 2020

Colgadas xa na web do Concello as bases das axudas aos negocios de Ponteareas


O goberno de Ponteareas (BNG-PSOE) informa que xa están colgadas as bases para a
concesión das axudas económicas aos negocios do concello de Ponteareas afectados
pola declaración do estado de alarma polo COVID-19.
Na páxina web do Concello, no botón “Axudas directas COVID-19” ou premendo
directamente nesta ligazón, os e as interesadas poderán acceder ás bases e anexos
desta axuda directa https://ponteareas.gal/axudas-directas/
Deberán solicitarse de forma telemática a través da sede electrónica do Concello a
partir do martes día 5 ás oito da mañá (xa que serán publicadas as bases no Boletín
Oficial da Provincia o luns día 4 de maio). Todas as persoas que o precisen poderán
informarse no correo electrónico axudadirecta@ponteareas.gal ou telefónicamente
de luns a venres de 9 a 14 horas no número de teléfono 687 209 961.

Deja un comentario