+034 986 09 02 04 Xoves 29 de Outubro de 2020

O conservatorio e a escola municipal de música informan da apertura do prazo de preinscrición


A concellería de Educación, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández, informa
que as familias interesadas en cursar ensinanzas musicais na escola municipal de
música ou no conservatorio municipal xa poden realizar a súa preinscrición a través da
páxina web do Conservatorio Profesional de Música “Reveriano Soutullo” e da Escola
de Música “Vila do Corpus” de Ponteareas http://conservatorio.ponteareas.gal/
As familias deberán seguir os seguintes paso para realizar a preinscrición:
-Entrar na páxina web
-Na barra superior entrar na pestaña “Estudos”
-Seleccionar “Solicitude de praza 2020/2021”
-Cumprimentar o formulario que se ofrece (aparecerá debaixo do formulario a
mensaxe de telo cumprimento e enviado correctamente)
Tamén se pode premer directamente nesta ligazón
http://conservatorio.ponteareas.gal/estudos/solicitude-de-praza-curso-2019-
2020/#wpcf7-f2293-p2591-o2
Debido á situación temporal de confinamento, o persoal do conservatorio municipal
porase en contacto coas familias preinscritas para informar do prazo e procedemento
de matriculación que tamén será publicado tanto na páxina web do Concello de
Ponteareas como na do propio conservatorio, así como nas súas redes sociais.

Para acceder á escola municipal de música o alumnado deberá ter como mínimo seis
anos de idade cumpridos a día 31/12/2020 e para acceder ao conservatorio oito anos
de idade cumpridos a día 31/12/2020.

Deja un comentario