+034 986 09 02 04 Xoves 29 de Outubro de 2020

A biblioteca pública municipal axuda no acceso a plataformas dixitais de lectura gratuíta


A Biblioteca Pública Municipal atendeu a preto de 300 usuarias e usuarios para
resolver dúbidas técnicas e dar acceso á plataforma de préstamo electrónico GaliciaLe
e facilitou os impresos para facerse usuaria/o para todas e todos os que quixeron
utilizar este servizo de lectura gratuíta.
A nosa biblioteca pública municipal atendeu a 280 usuarios/as que quixeron utilizar
GaliciaLé, unha plataforma que permite ler libros en galego e en castelán, ademais de
achegar os impresos para acceder á dez persoas.
No caso de ser usuaria/o e precisar as contrasinais ou resolver calquera outra dúbida
só hai que contactar coa biblioteca a través do enderezo electrónico
bibliotecamuseo@ponteareas.gal ou do teléfono 673 794 762.
Ademais, debido á situación de confinamento forzoso na que nos atopamos, dende a
Rede de Bibliotecas de Galicia habilitouse ademais a posibilidade de darse de alta
dende a casa, co fin de poder acceder á Biblioteca Dixital da rede.
É tan sinxelo como entrar no seguinte enlace e cubrir os datos persoais despois de
seleccionar o concello no que vives (se non o atopas, deberás seleccionar “Outra
localidade”): https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-memberentry.pl
Aínda que o enderezo electrónico ou o número de teléfono non son obrigatorios, si
que é moi recomendable que os indiques por se che xorden dúbidas ou tes problemas
para acceder.
Neste último caso, no prazo dun mes dende a fin da corentena deberás achegarte á
biblioteca para obter o carné. De non facelo, a conta eliminarase automaticamente de
Koha e deixarás de ter acceso a GaliciaLe.

Deja un comentario