+034 986 09 02 04 Xoves 29 de Outubro de 2020

A Xunta leva entregadas preto de 31.500 unidades de protección contra o Covid-19 aos concellos do Condado-A Paradanta


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que o Goberno autonómico enviou xa a estes municipios máis de 19.000 luvas, 12.780 máscaras, asi como traxes de protección e produtos de desinfección
A Xunta, a través da Delegación Territorial de Pontevedra, leva entregadas aos concellos da comarca do Condado-Paradanta preto de 31.500 unidades de protección individual nos distintos envíos que se veñen de efectuar dende a plataforma loxística dende o inicio do decreto do estado de alarma.

En total, a Xunta desde que se decretou o estado de alarma leva repartido entre os concellos da provincia máis de 419.324 unidades de protección para loitar contra a pandemia.

Segundo informou hoxe o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, o último envío a estes municipios, realizado esta mesma semana, permitiu repartir 1.840 luvas e 1.600 mascarillas.

En total, os datos globales supoñen nesta comarca a recepción de 19.040 luvas, 12.780 máscaras, 552 batas e traxes de protección e 299 produtos de desinfección. Por concellos, os envíos totales de unidades de protección son os seguintes:

 

CONCELLOS
LUVAS
MÁSCARAS TOTAL (DE UNIDADES DE PROTECCION E DESINFECCIÓN)
ARBO 1.990 1.500 3.581
A CAÑIZA 2.890 1.850 4.851
COVELO 2.190 1.450 3.925
CRECENTE 2.390 1.580 2.642
MONDARIZ 2.190 1.650 3.933
MONDARIZ-BALNEARIO 1.110 900 2.068
AS NEVES 2.090 1.500 3.681
PONTEAREAS 4.190 2.350 6.798
TOTAL
19.040
12.789
31.479

 

 

 

 

 

Todo o material distribúese desde a plataforma loxística que a Xunta puxo en marcha para centralizar a adquisición e o reparto de equipos de protección individual durante o estado de alarma e a emerxencia sanitaria polo coronavirus.
José Manuel Cores Tourís destacou o esforzo que se está a realizar dende o Goberno galego para dotar do equipamento necesario ás entidades locais para que o persoal dos servizos municipais involucrados na loita contra a expansión do Covid-19 e que seguen a traballar conten co material de protección que precisan. Así lembrou que a Administración autonómica adquiriu directamente material de protección para garantir a seguridade dos profesionais que traballan en servizos municipais esenciais como Protección Civil ou Axuda a Domicilio.

Deja un comentario