+034 986 09 02 04 Xoves 29 de Outubro de 2020

A Xunta leva entregadas 24.770 unidades de protección contra o covid-19 aos concellos do Baixo Miño


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que o Goberno autonómico enviou xa a estes municipios máis de 19.000 luvas, 12.780 máscaras, asi como traxes de protección e produtos de desinfección
A Xunta, a través da Delegación Territorial de Pontevedra, leva entregadas aos concellos da comarca do Baixo Miño 24.770 unidades de protección individual nos distintos envíos que se veñen de efectuar dende a plataforma loxística dende o inicio do decreto do estado de alarma.

En total, a Xunta desde que se decretou o estado de alarma leva repartido entre os concellos da provincia máis de 419.324 unidades de protección para loitar contra a pandemia.

Segundo informou hoxe o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, o último envío a estes municipios, realizado esta mesma semana, permitiu repartir 1.270 luvas e 1.150 mascarillas.

En total, os datos globales supoñen nesta comarca a recepción de 14.350 luvas, 19.680 máscaras, 510 batas e traxes de protección e 204 produtos de desinfección, entre outros elementos. Por concellos, os envíos totales de unidades de protección son os seguintes:

 

 

CONCELLOS
LUVAS
MÁSCARAS TOTAL (DE UNIDADES DE PROTECCION E DESINFECCIÓN)
OIA 2.090 1.500 3.677
O ROSAL 3.140 2.010 5.269
TOMIÑO 2.940 2.010 5.133
TUI 2.840 2.050 5.067
A GUARDA 3.340 2.110 5.624
TOTAL
14.350
9.680
24.770

 

 

 

 

 

 

Todo o material distribúese desde a plataforma loxística que a Xunta puxo en marcha para centralizar a adquisición e o reparto de equipos de protección individual durante o estado de alarma e a emerxencia sanitaria polo coronavirus.
José Manuel Cores Tourís destacou o esforzo que se está a realizar dende o Goberno galego para dotar do equipamento necesario ás entidades locais para que o persoal dos servizos municipais involucrados na loita contra a expansión do Covid-19 e que seguen a traballar conten co material de protección que precisan. Así lembrou que a Administración autonómica adquiriu directamente material de protección para garantir a seguridade dos profesionais que traballan en servizos municipais esenciais como Protección Civil ou Axuda a Domicilio.

Deja un comentario