+034 986 09 02 04 Xoves 29 de Outubro de 2020

Abertos os xardíns de Troncoso tras as obras de acondicionamento


Esta semana abríronse de novo os xardíns de Troncoso
tras as obras de acondicionamento acometidas nos últimos meses. A actuación levouse a
cabo co financiamento do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra.
Este espazo público situado no Paseo Familia Álvarez Blázquez, que comunica o céntrico
Paseo da Corredoira coa rúa Antero Rubín, foi obxecto dunha actuación que o dotou dun
novo deseño para potenciar a súa condición de lugar tranquilo e crear un espazo sensorial
coa combinación de plantas elixidas. Instalouse amais un sistema automático de rego.

Deja un comentario