+034 986 09 02 04 Martes 14 de Xullo de 2020

O Concello xa rolda as 12.000 unidades de materiais de protección repartidas entre profesionais e veciños de Moraña


Recibíronse 4.177 da Xunta, 250 do Goberno, 2.100 de doazóns de empresas e veciños e as 5.420 restantes foron mercadas polo Concello

O Concello de Moraña xa distribuíu un total de 11.947 unidades de Equipos de Protección Individual (EPI ́s) de diversa tipoloxía e materiais de hixiene entre profesionais, tanto municipais como dos sectores económicos en funcionamento, e todos os veciños empadroados co obxectivo de diminuír o risco de contaxio e conter a transmisión do coronavirus.
Esta cifra acadouse tras a recepción e reparto, nestes últimos días, de 557 unidades por parte da Xunta de Galicia e outras 250, exclusivamente mascariñas, dende a Subdelegación do Goberno, que deste xeito fixo a súa primeira entrega ao Concello na sétima semana de confinamento pola crise sanitaria.
Deste xeito, o Concello de Moraña vén de recibir ata a data 4.177 EPI ́s e materiais de protección por parte do executivo galego, os citados 250 do Goberno de España e 2.100 procedentes de doazóns de empresas e veciños da contorna, que aportaron principalmente pantallas protectoras, batas e mascariñas, como foi o derradeiro caso por parte da multinacional Bandalux nun xesto moi agradecido pola alcaldesa, Luisa Piñeiro. Estes lotes complementáronse coas 5.420 mascariñas adquiridas
directamente polo Concello con fondos propios e que se repartiron entre toda a poboación adulta e que tamén contemplou unha partida específica para os nenos xusto antes de que se lles permitirán as saídas á rúa a pasada fin de semana.
Cómpre sinalar que ata o momento, e contando todas as aportacións, o Concello conseguíu distribuír un total de 7.770 mascariñas tanto entre a cidadanía como, e principalmente, entre o persoal municipal, as traballadoras do SAF e os profesionais de comercios ou outros sectores que levan en activo estas sete semanas.
Este reparto de EPI ́s e materiais de protección centrou a labor do Concello no actual Estado de Alarma xunto coa posta en marcha de máis dunha decena de servizos municipais extraordinarios, que atenden a unhas 185 familias do municipio e entre os que destacan o subministro de alimentos e produtos básicos, a atención domiciliaria,o apoio nas tarefas educativas con entrega de deberes, equipos e Internet e o
contacto directo con veciños maiores ou con algunha enfermidade.

 

 

Deja un comentario