+034 986 09 02 04 Venres 14 de Agosto de 2020

A Xunta leva entregadas preto de 29.700 unidades de protección contra o Covid-19 aos concellos da comarca de Caldas


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que o Goberno autonómico enviou xa a estes municipios máis de 20.020 luvas, 14.200 máscaras, asi como traxes de protección e produtos de desinfección
A Xunta, a través da Delegación Territorial de Pontevedra, leva entregadas aos concellos da comarca de Caldas preto de 29.700 unidades de protección individual nos distintos envíos que se veñen de efectuar dende a plataforma loxística dende o inicio do decreto do estado de alarma.

En total, a Xunta desde que se decretou o estado de alarma leva repartido entre os concellos da provincia máis de 419.324 unidades de protección para loitar contra a pandemia.

Segundo informou hoxe o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, o último envío a estes municipios, realizado esta mesma semana, permitiu repartir 1.650 luvas e 1.450 mascarillas.

En total, os datos globales supoñen nesta comarca a recepción de 20.020 luvas, 14.200 máscaras, 776 batas e traxes de protección e 298 produtos de desinfección, entre outros elementos. Por concellos, os envíos totales de unidades de protección son os seguintes:

 

 

 

CONCELLOS

 

       LUVAS

 

   MÁSCARAS

TOTAL (DE UNIDADES DE PROTECCION E DESINFECCIÓN)
CALDAS           2.890          1.900             4.984
CATOIRA           2.190          1.550             3.831
CUNTIS           1.490          1.750             3.413
MORAÑA           2.440          1.600             4.166
PORTAS           2.090          1.500             3.682
PONTECESURES           2.340          1.500             3.931
VALGA           3.290          2.250             5.686
                                TOTAL  

16.730

 

12.050

 

29.693

 

 

 

 

 

 

 

 

Todo o material distribúese desde a plataforma loxística que a Xunta puxo en marcha para centralizar a adquisición e o reparto de equipos de protección individual durante o estado de alarma e a emerxencia sanitaria polo coronavirus.
José Manuel Cores Tourís destacou o esforzo que se está a realizar dende o Goberno galego para dotar do equipamento necesario ás entidades locais para que o persoal dos servizos municipais involucrados na loita contra a expansión do Covid-19 e que seguen a traballar conten co material de protección que precisan. Así lembrou que a Administración autonómica adquiriu directamente material de protección para garantir a seguridade dos profesionais que traballan en servizos municipais esenciais como Protección Civil ou Axuda a Domicilio.

Deja un comentario