+034 986 09 02 04 Venres 14 de Agosto de 2020

A Deputación achega máis de 43.000 € para que o concello de Fornelos mellore a pavimentación de camiños municipais


A axuda, enmarcada na liña 1 do Plan Concellos, permitirá financiar a renovación e a mellora da seguridade viaria en catro carreiros do municipio

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar por resolución presidencial a concesión dunha achega de 43.506,65 euros para o Concello de Fornelos ó abeiro da Liña 1 do Plan Concellos. Esta subvención terá como obxecto a execución dunha obra completa de mellora do pavimento e da seguridade viaria do Camiño dos Lameiros e do Camiño da Costa, situados en Vilán, e dos vieiros Berdello e Do Alargo en Alén de Abaixo (Calvos).

O proxecto comprende traballos de saneamento e acondicionamento da pavimentación. Deste modo, no Camiño da Costa mellorarase a drenaxe cun colector de augas pluviais, ampliarase o ancho do sendeiro na saída á estrada PO-250 e levarase a cabo a renovación do muro de cachotería e da beirarrúa. No Camiño dos Lameiros, pola súa banda, mellorarase a drenaxe coa renovación da tubaxe e restaurarase o firme.

No Camiño Berdello a limpeza das gabias e beiravías será fundamental para mellorar a drenaxe, mentres que o melloramento do pavimento pasará pola rebaixa da rasante e a restauración do pavimento. Ademais, instalarase unha varanda que mellorará a seguridade viaria do carreiro. Finalmente, no Camiño do Alargo será instalada unha quenlla de fundición para mellorar a drenaxe e renovarase o firme. Así, estas obras son necesarias para garantir consecuentemente a seguranza das vías.

Deja un comentario