+034 986 09 02 04 Martes 22 de Setembro de 2020

Marín acondicionará as súas praias de cara ao seu futuro uso neste verán


O contrato para a posta a punto dos areais nesta tempada foi adxudicado á empresa Obras y Servicios Justo. A alcaldesa, María Ramallo, considera “moi necesario” ter as praias en bo estado de cara a un verán “que vai ser moi diferente”.

O Concello de Marín vén de adxudicar o contrato para o acondicionamento dos areais  municipais á empresa Obras y Servicios Justo, por un importe total de 16.335 euros, co IVE incluído. Segundo explicou esta mañá a alcaldesa de Marín, María Ramallo, este servizo é “necesario para asegurar a protección da seguridade das persoas unha vez que se levante o estado de alarma”.
Segundo avanzou Ramallo, aínda está a estudarse como será a volta ás praias, pero xa advirte de que será “un verán diferente”, no que haberá que adaptar estes espazos naturais ás restricións que conlevan as medidas de prevención de contaxios do Covid19.
O Concello está traballando no eido do turismo, respecto ao cal as praias son dos principais atractivos, para poder incentivalo de cara á época estival e para garantir en todo momento “a seguridade e a tranquilidade dos nosos veciños e tamén dos nosos futuros visitantes cando así o permitan as autoridades sanitarias”.

Deja un comentario