+034 986 09 02 04 Domingo 15 de Decembro de 2019

A natación formou parte das actividades da última quenda do Campus Tea


Os cativos e as cativas que participan no campamento urbano organizado pola concellería de Ensino gozaron de diversos xogos acuáticos grazas á colaboración da empresa concesionaria da xestión do Complexo Álvaro Pino
Un total de 50 nenos gozaron, por espazo de dúas horas, dunha serie de actividades lúdicas na piscina do Complexo Deportivo Municipal Álvaro Pino durante o pasado venres, 21 de agosto. Acompañados polas monitoras do propio campus e orientados polo persoal da empresa concesionaria da xestión destas instalacións, os rapaces e as rapazas desenvolveron diferentes xogos acuáticos encamiñados a dotar a estes cativos dunha maior autonomía na auga.
O Campus Tea pode presumir de ter acadado un auténtico éxito de participación, esgotando as prazas nas catro quendas previstas para os meses de xullo de agosto.
Nesta última quenda docampamento, as actividades están principalmente centradas na escritura, percorrendo a historia dende a súa orixe, pasando polos primeiros libros até chegar á creación da imprenta. Tamén se fará un pequeno repaso dos diferentes tipos de escritura existentes na actualidade: cirílico, braille, etcétera.

Deja un comentario