+034 986 09 02 04 Mércores 12 de Agosto de 2020

REINICIA PONTEVEDRA destaca a tendencia do cliente omnicanal e da persoalización da oferta, no seu terceiro Encontro Dixital, coa participación de 4 pemes e expertos


A Directora Creativa de Coosy, Virgina Pozo, anima ás empresas de Pontevedra a mellorar la experiencia dixital dos seus negocios
Analizaron 5 tendencias: a omnicanalidade, atención dixital aberta 24 horas, a transparencia dos procesos, a persoalización da oferta, e o servizo a domicilio con facilidades de devolución e pago.

 -Tivo lugar este luns, 18 maio, de 15.30 a 16:30 horas.
 -O Concello e a Asociación de Autónomos APE Galicia impulsan este programa de relanzamento empresarial
 -Os negocios tamén poden solicitar asesoramento persoalizado gratuito, dispoñible para 25 empresas, co obxectivo de contrastar o seu plan de reinicio.
 No coloquio do luns analizaranse tendencias como a omnicanalidade, a transparencia ou a persoalización da oferta.

PONTEVEDRA. A Concellería de Promoción Económica do Concello de Pontevedra e a Asociación de Autónomos e Pequenas Empresas APE Galicia celebraron hoxe luns 18 maio o seu terceiro Encontro Dixital do ciclo REINICIA PONTEVEDRA. Neste programa de relanzamento empresarial ofrécense gratuitamente a autónomos e pemes dúas accións: por unha banda, asesoramentos persoalizados para 25 negocios, e por outra banda 7 encontros dixitais de temáticas transversais e multisector.
O título do coloquio deste luns 18 maio é “Novo servizo ao cliente: da persoalización á loxística”, e tratará a incidencia da crise do Covid-19 nas demandas que fan os clientes ás empresas. Nomeadamente analizñaronse 5 tendencias: a omnicanalidade, atención dixital aberta 24 horas, a transparencia dos procesos, a persoalización da oferta, e o servizo a domicilio con facilidades de devolución e pago.
Intervintes: Neste cliclo organizado pola Secretaría Técnica de APE GALICIA, os autónomos expertos de Pontevedra que interviñeron son Virgina Pozo, CEO e Directora Creativa da marca de moda COOSY, que conta con 22 tendas en España; Silvia Crespo, Directora Creativa de BIEN BONITO; Alberto Falcón, consultor de Marketing en Be Differential, xunto co coordinador do ciclo, Miguel Ángel Souto Fraga,
consultor experto en Ventas e Marketing e director de CIMAK Consultores en Pontevedra.
Os dous primeiros do ciclo de 7 encontros virtuais “Reinicia Pontevedra” celebraronse o pasado luns 11 de maio, e o xoves 14 maio. En todos eles, abórdanse temáticas transversais para o tecido comercial e económico de Pontevedra. Participan especialistas en xestión empresarial e autónomos e pemes da cidade, en diálogo, e compartindo experiencias.
As datas e títulos dos 7 encontros dixitais son:

• 11 maio: A nova relación cos clientes: recuperar e medrar.
• 14 maio: Novos valores: confiable, solidaria, sostible.
• 18 maio: Novo servizo ao cliente: da persoalización á loxística.
• 21 maio: Técnicas de venda e equipo comercial, hoxe.
• 25 maio: Novas ideas de imaxe, publicidade e marketing.
• 28 maio: Estragexia de comunicación dixital e física.
• 1 xuño: Estratexia dixital. Evita erros e rendibiliza a inversión.
Teñen lugar sempre os luns e os xoves, de 15:30 a 16:30 horas, por ser unha hora especialmente compatible para o maior número de sectores. As inscricións gratuitas pódense facer xa na web de APE Galicia, www.encontrosapegalicia.es e no teléfono 697 195 540.
O próximo xoves 21 de maio abordarase o tema de cómo vender tras o impacto do coronavirus na economía: técnicas de venta e mellora dos equipos comerciais.
A segunda acción do programa son 25 asesoramentos individuais gratuitos. Trátase de sesións singulares porque cada negocio ou microsector é distinto. O obxectivo é enfocar con acerto a reapertura, a nova saída ao mercado, o plan de relanzamento.
Neste asesoramento, poderanse compartir 2 videoconferencias, de 1 hora cada unha, con expertos en xestión empresarial.

Deja un comentario