+034 986 09 02 04 Xoves 04 de Xuño de 2020

A Policía Local retomará o control da Zona Azul a partires do 25 de maio


A Concellería de Tráfico e Mobilidade do Concello da Guarda informa que a partires do vindeiro luns día 25 de maio, retomará o funcionamento habitual do sistema de aparcamento con horario limitado da Zona Azul na vila.
Debido ás limitacións de mobilidade impostas dende a declaración do estado de alarma pola pandemia do Covid-19, decidiuse deixar sen efecto temporalmente esta zona de aparcamento con horario limitado.
A Zona Azul da Guarda permite un aparcamento limitado de unha hora en varias rúas do casco urbano da vila, favorecendo deste xeito a rotación de vehículos para facer compras e xestións. Os reloxos da Zona Azul se poden recoller de xeito gratuíto nas dependencias da Policía Local na Praza do Reló s/n ou nos comercios da zona.
A maiores da Zona Azul, dende a Concellería de Tráfico e Mobilidade do Concello da Guarda recórdase das zonas de aparcamento disuasorio existentes na Rúa Coruña, Campo de Fínola ou o aparcamento da “Eléctrica” con accesos dende as rúas Mariano Ordóñez e Rúa Brasil.

Deja un comentario