+034 986 09 02 04 Xoves 04 de Xuño de 2020

Os Encontros Dixitais de REINICIA PONTEVEDRA chaman aos comercios a conectar coas emocións dos clientes


Tres expertos coinciden en que os compradores buscan máis experiencias e afectividade no trato, e amosan máis simpatía polo produto local por efecto da crise do Coronavirus

· Máis de 25 autónomos e pemes participan cada día nos Encontros Dixitais.

· O Concello de Pontevedra e a Asociación de Autónomos APE Galicia impulsan este programa de relanzamento empresarial.

· -O 4º Encontro Dixital do programa REINICIA PONTEVEDRA tivo lugar este xoves 21 de maio, de 15.30 a 16:30 horas.

· -Os negocios tamén poden solicitar asesoramento persoalizado gratuito, dispoñible para 25 empresas, co obxectivo de contrastar o seu plan de reinicio.

PONTEVEDRA. A Concellería de Promoción Económica do Concello de Pontevedra e a Asociación de Autónomos e Pequenas Empresas APE Galicia celebraron hoxe xoves 21 maio o seu cuarto Encontro Dixital do ciclo REINICIA PONTEVEDRA. Neste programa de relanzamento empresarial ofrécense gratuitamente a autónomos e pemes dúas accións: por unha banda, asesoramentos persoalizados para 25 negocios, e por outra banda 7 encontros dixitais de temáticas transversais e multisector.

Deja un comentario