+034 986 09 02 04 Xoves 04 de Xuño de 2020

Instalados os primeiros 8 contedores para a recollida de roupa usada en colaboración con Cáritas


Nas próximas semanas completarase a colocación de 4 colectores máis
Esta mañá instaláronse 8 contedores para a recollida de roupa usada en distintos puntos do termo municipal, grazas á colaboración establecida entre o Concello de Tui e Cáritas.
De agora en diante será esta ONG a encargada da recollida de roupa, calzado e complementos aos que dará un novo uso.
Dos 8 novos contedores para a recollida de roupa 2 están situados no Punto Limpo, dous están en Areas, un no entorno da rotonda e outro no parque empresarial, amais outros situáronse na Avenida da Concordia, na rúa Colón, a carón do Centro de Saúde e a carón da igrexa de San Bartolomeu. Nos próximos días serán colocados outros 4 contedores até completar un total de 12.
Dende o Concello de Tui apóstase con este acordo con Cáritas para a recollida de roupa usada pola economía circular e social.

Deja un comentario