+034 986 09 02 04 Sábado 19 de Setembro de 2020

O Concello de Mos proxecta a mellora da seguridade viaria no Camiño do Pazo en Tameiga


O goberno local continúa dando pasos na súa folla de ruta e mantén o seu obxectivo de realizar unha batería de asfaltados ao ano, que forman parte do Plan Anual de Mellora de Viais Municipais

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, informan de que esta mañá aprobouse en Xunta de Goberno Local a solicitude de subvención con cargo ao Plan Concellos para a realización da obra de mellora da seguridade viaria no Camiño do Pazo en Tameiga.

O Concello de Mos continúa avanzando na súa folla de ruta que marca como un dos principais obxectivos da administración local que o viario municipal se atope nas mellores condicións de uso, o que supón un garante na seguridade viaria. Por e para elo o Concello pon en marcha perdiódicamente o seu Plan Anual de Mellora de Viais Municipais, acometendo unha batería de asfaltados de estradas e camiños. Entre eles, o Camiño do Pazo en Tameiga.

A mellora da seguridade viaria a través de reposición do firme faise necesaria neste vial, posto que presenta pavimento de asfalto e nestes últimos 20 anos realizouse a rede municipal de sumidoiros coas respectivas acometidas domiciliarias, posuíndo ademais traídas veciñais de augas con canalizacións de máis de 20 anos de antigüidade que sofren roturas ocasionais, requerindo a realización de reparacións e reposicións de asfalto puntuais. Por elo o pavimento presenta un estado deteriorado, concretamente a capa de rodadura, que presenta roturas no firme por desgaste e polas reposicións realizadas coa rede municipal de sumidoiros e traídas veciñais.

As obras de mellora da seguridade viaria consistirán na actuación exclusivamente na superficie na zona de dominio público do tramo de vía municipal. A actuación no Camiño do Pazo, parroquia de Tameiga, farase nunha lonxitude de 667 metros que ten un ancho variable, que oscila en torno aos 5 metros.

As obras requerirán de traballos previos como o desbrozado lateral, e a limpeza de cunetas e noiros que, unha vez realizados, irán seguidos da rehabilitación de firmes e pavimentos acorde coa Instrucción de Estradas Norma 6.3-IC e o PG-3 do Ministerio de Fomento. A rehabilitación de firmes inclúe unha primeira fase de regularización da capa de rodadura e unha segunda fase de recrecido. A obra rematarase coa instalación e pintado da correspondente sinalización vertical e horizontal, respectivamente.

Esta obra conta cun orzamento de execución por contrata de 57.270,68 euros.

O prazo de execución das obras é de 3 semanas.

Deja un comentario