+034 986 09 02 04 Mércores 15 de Xullo de 2020

“É Tui” porá ao comercio local a un clic do consumidor


Esta plataforma comercial, promovida polo Concello, porase en marcha a próxima semana e a loxística será desenvolvida por unha empresa local

“É Tui” é o nome da plataforma comercial en liña que lanza o Concello de Tui para apoiar ao tecido comercial local. Trátase dunha plataforma moi visual, de imaxe atractiva, doado uso e identidade propia que marcará a diferencia do comercio tudense. Incorpora importantes novidades respecto a outras plataformas similares do mercado. Estará accesible en 4 idiomas: galego, castelán, portugués e inglés.
Está previsto que comece a funcionar na primeira semana de xuño Deste xeito o Concello de Tui, consciente da nova realidade en canto aos novos hábitos de consumo xurdidos a raíz da pandemia da COVID 10, cunha clara aposta polo comercio electrónico e os pagos sen contacto, aposta por esta ferramenta para impulsar e apoiar o comercio local e a senda dixital que ten que percorrer. Esta plataforma forma das iniciativas promovidas dende o ámbito municipal e que se darán a coñecer proximamente.
O comercio local estará agora a un clic do consumidor final que poderá comprar e recibir nun mesmo pedido e día no seu domicilio roupa, tecnoloxía, artigos de agasallo, incluso, comida, sempre mercando e apoiando ao comercio local.
A plataforma a disposición do pequeno comercio de Tui permitirá realizar a venda on-line dos seus produtos, a nivel local nun primeiro momento pero permitirá escalar a nivel nacional e sobre todo coa vista posta no mercado portugués
Durante o primeiro ano a plataforma será de uso gratuíto para o comercio local de Tui. O establecemento terá que facerse cargo só do prezo do envío que se estipulará en función das características do produto. A partir do primeiro ano terá unha tarifa mínima de mantemento. A loxística estará xestionada por unha empresa local que creará emprego local. Ademais, a plataforma ten tamén impacto no eido social destinándose o 1% de todas as vendas realizadas a obras de carácter social, con especial incidencia en cubrir as necesidades básicas das persoas e familias máis vulnerables.
A concelleira de Comercio, Ana Núñez, explica que “o consumo de produtos online multiplicouse durante a pandemia e a tendencia é que siga medrando. Por iso o comercio local non pode descoidar esta canle e ten que estar preparado ante un posible rebrote pero sobre todo ante a nova realidade e o futuro a medio prazo”.

Para presentar esta ferramenta ao comercio local mañá martes, ás 20.30 h, realizarase unha reunión co comercio local a través de Zoom. Mañá na web municipal tui.gal estará dispoñible o enlace e o contrasinal para acceder á reunión.

Deja un comentario