+034 986 09 02 04 Mércores 12 de Agosto de 2020

O Concello presenta un plan de axuda social específico para mulleres vítimas de violencia machista con dificultades para afrontar gastos de primeira necesidade


 

A dotación total do programa será de 5,000 euros e beneficiará a cerca de 100 familias, seleccionadas conxuntamente polos departamentos municipais do CIM e de Servizos Sociais.

A situación epidemiolóxica da COVID19 supuxo un importante pau económico para moitas familias, especialmente para aqueles colectivos máis vulnerables. Ante ese escenario, o Concello traballou na toma de medidas de carácter social coas que paliar, ao máximo posible, o impacto da crise nas familias que máis necesidades teñen no municipio.
A concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, e o tenente alcalde, Manuel Santos, mantiveron esta mañá unha reunión coa directora do CIM, Marián Sánchez e coa asesora xurídica, Clara Rodríguez, co obxectivo de traballar tamén na axuda específica a mulleres vítimas de violencia de xénero.
Nesa liña, lanzase o Programa Municipal de Asistencia, Axuda e Protección para mulleres vítimas de violencia de xénero e as súas familias que non poden facer fronte á cobertura de situacións vitais e de bens de primeira necesidade.
O orzamento global do programa ascenderá a 5.000 euros e beneficiará a cerca de 100 casos considerados de emerxencia tanto polo CIM como polo departamento de Servizos Sociais, que de xeito conxunto traballaron na definición daquelas mulleres que máis precisan desta axuda. O cargo orzamentario realízase no marco do Pacto de Estado pola Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade.
A prestación do servizo realizarase a través das ONGs que participarán no programa, que son Voluntarias de la Caridad San Vicente de Paul, SOS, Asociación Solidaria Sor Elvira e Amenac. Coa súa intermediación, será máis sinxela a organización das axudas.
Ademais, o gasto en alimentos deberá realizarse na Praza de Abastos de Marín e nos pequenos establecementos de alimentación da vila, de tal forma que se poida apoiar ao pequeno comercio da localidade, que tamén sufriu as consecuencias económicas do confinamento, e porque así tamén se garante a cobertura eficaz e inmediata das necesidades das familias beneficiarias.

Deja un comentario