+034 986 09 02 04 Martes 27 de Outubro de 2020

O alcalde felicita Araceli Vizcaíno con motivo do seu 100 aniversario


O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores tomou un café esta mañá con dona Araceli Vizcaíno Corbal con motivo do seu 100 aniversario. A cita concretouse nesta semana xa que dona Araceli foi unha das centenarias que cumpriu anos durante o confinamento e, aínda que o Concello lle fixo chegar o ramo de flores que entrega aos centenarios, ela insistiu en tomar un café co alcalde cando se levantara o confinamento.

O alcalde cumpriulle o seu desexo hoxe, na terraza do Dulce de Leche na rúa Avenida Raíña Vitoria, próxima á súa vivenda. Curiosamente, Araceli quedou sorprendida coa idade de Fernández Lores, a quen non se cansaba de repetir que era moi novo, e lle chegou a botar non máis de 40 anos.

O alcalde puido ver o bo estado de dona Araceli e quedaron de repetir a cita no vindeiro ano.

Deja un comentario