+034 986 09 02 04 Xoves 29 de Outubro de 2020

O concello de Campo Lameiro lanzo o portal «Campo Lameiro de odo para tod@s» para revitaliza-la economía local fronte a crise do covid-19


Estará ligado á súa nova páxina web que está en construción e pretende ser un escaparate interactivo de comercios e servizos existentes no municipio

 

O Concello de Campo Lameiro lanza o portal “Campo Lameiro de Todo para Tod@s” coa intención de revitaliza-la economía local fronte a crise derivada do Covid-19. Esta iniciativa estará ligada á súa nova páxina web, que está rematando o seu proceso de elaboración, e pretende converterse nun escaparate interactivo virtual de comercios e servizos existentes o municipio.

A intención do equipo de goberno que lidera o alcalde, Carlos Costa Domínguez, é concienciar á cidadanía de Campo Lameiro da necesidade de mercar, consumir e recurrir para calquera servizo ao amplio elenco de establecementos comerciais e profesionais dos distintos sectores que prestan os seus servizos no municipio.

Para elo o Concello está ultimando a recopilación de toda unha serie de datos e fichas de establecementos comerciais, autónomos, empresas, industrias e emprendedores para poñelos a disposición da cidadanía dun xeito dinámico e atractivo a través das novas tecnoloxías, a nova páxina web e a gran presenza institucional do Concello nas redes sociais.

Segundo o alcalde Carlos Costa, “pretendemos que esta iniciativa sirva de escaparate interactivo virtual onde calquera veciño ou veciña de Campo Lameiro poida satisfacer calquera necesidade, prácticamente sen saír da casa e, por suposto, do municipio en calquera sector. Para elo imos facer unhas fichas interactivas moi dinámicas con pequenos vídeos, fotografías de produtos e servizos e, lóxicamente, un sistema de xeolocalización para facilitar o seu acceso, teléfono, pedidos por wasap e facebook, etc. Queremos converter a Campo Lameiro nunha grande referencia comercial e de servizos para os nosos veciños e os da contorna”.

Ademais, esta iniciativa irá acompañada dunha campaña de sensibilización cidadá con dípticos, presenza nas redes sociais “e tamén reforzaremos a súa divulgación a través de cartelería que visibilice este proxecto e a importancia dos pequenos e medianos empresarios, emprendedores, autónomos e a nosa industria como xeradores de emprego, riqueza nos pobos, a súa profesionalidade, atención persoal, seguridade, etc. Que se visibilice que todos formamos parte dun entramado no que todos somos importantes e onde ninguén pode quedar atrás”, indicou o alcalde.

“Queremos que os nosos comerciantes, empresas, autónomos e emprendedores sexan protagonistas deste portal que pretende visibilizar o noso potencial e a nosa fortaleza para saír adiante. En definitiva, queremos explicarlle á xente que en Campo Lameiro temos de todo e para tod@s”, concluíu Carlos Costa.

Deja un comentario