+034 986 09 02 04 Martes 27 de Outubro de 2020

O concello de Pazos de Borbén aproba o seu Plan de Movilidad e a súa adhesión ao pacto de alcaldes polo clima e a enerxía


O goberno local explicou durante o pleno municipal todas as medidas tomadas durante a crise sanitaria

Tras catro meses sen poder celebrarse o pleno municipal, o Concello de Pazos de Borbén recuperou esta mañá o funcionamento do seu principal órgano de goberno. A sesión serviu para aprobar a versión definitiva do plan de mobilidade local e a adhesión do municipio á iniciativa ambiental europea coñecida como Pacto de Alcaldes polo Clima e a Enerxía. Ademais, o grupo de goberno deu conta das medidas de apoio á cidadanía adoptadas durante o estado de alarma.
A primeira sesión tras a suspensión decretada polo estado de alarma centrouse na aprobación de dúas mocións propostas polo goberno local e que se sacaron adiante co apoio unánime de todos os grupos políticos. A primeira delas é a versión definitiva do Plan de Movilidad. Un documento que o alcalde, Andrés Iglesias, definiu como “fundamental para o futuro desenvolvemento do municipio e para desenvolver políticas efectivas para o transporte e as comunicacións”.
A segunda é o permito do pleno para a adhesión do municipio á iniciativa ambiental europea do Pacto de Alcaldes polo Clima e a Enerxía, unha proposta coa que o consistorio se compromete a reducir nos próximos anos un 40% as súas emisións de gases de efecto invernadoiro e o seu consumo enerxético. “Uns obxectivos que xa temos moi avanzados e nos que levamos anos traballando, como a renovación de luminarias públicas por outras con tecnoloxía LED coas que estamos a reducir o consumo e a factura eléctrica do municipio”, explicou o alcalde.
Por último, durante as quendas de palabra destinados aos rogos e preguntas, o grupo de goberno aproveitou para render contas sobre as medidas adoptadas durante as últimas semanas en relación coa crise sanitaria. Así, a portavoz popular, Eloisa Nogueira, explicou que “durante as últimas semanas realizáronse tarefas de desinfección nos puntos máis concorridos do municipio e os máis sensibles, como o centro da terceira idade. Ademais, entregamos todo tipo de material de protección aos veciños, como máscaras para nenos e adultos e pantallas de protección. Creamos un servizo de atención para maiores de 70 anos que viven sós, un de atención xurídica e outro para atender as necesidades inmediatas dos veciños. Imprimimos e repartimos as tarefas de todos os estudantes do municipio. Está a ser unha situación dramática para todos e os veciños saben que nos terán sempre para axudarlles en todo o que necesiten”.

Deja un comentario