+034 986 09 02 04 Venres 25 de Setembro de 2020

#Covid-19 SmartPeme pon en marcha esta vindeira semana outros sete obradoiros online


 

Ata o 5 de xuño o programa de asesoramento tecnolóxico da Deputación oferta cursos sobre identidade de marca, mellora de sitos web ou promoción a través das redes sociais

Ante a situación derivada polo COVID-19, a Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta a primeira semana de xuño sete novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións, con 10 prazas cada unha, versan sobre xestión de redes sociais, ferramentas para a mellora da web, ciberseguridade, copywritting, ferramentas para empresas turísticas, promoción das empresas ou técnicas de marketing.

Este luns 1 de xuño o enxeñeiro informático José Luis Taboada impartirá o obradoiro “Así funciona WhatsApp Bussines”. Para o martes 2 SmartPeme ten programados dous talleres. O primeiro deles titúlase “Como mellorar o footer da túa web” e contará con Fátima Faílde, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, mentres que o segundo, baixo o título de “Optimiza a túa páxina de Facebook”, estará impartido por Laura Carrera, graduada en Publicidade e Relacións Públicas. Será o mércores 3 cando se leve a cabo un obradoiro, “Promociona a túa empresa a través dos Stories de Instagram”, con Adrián Fernández, licenciado en Comunicación Audiovisual.

O xoves 4 terá lugar un taller baixo o título de “Identidade de marca para a túa empresa: que debes saber”, que contará con Lara Taboada, titulada superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico. O mesmo día levarase a cabo “Xestión e comercialización de vivendas e apartamentos turísticos”, con Sonia Torres, técnica de Empresas e Actividades Turísticas. Por último, o venres 5 o experto universitario en robótica Manuel Freire levará a cabo un taller sobre “Debuxo 3D con Onshape III”.

Deja un comentario