+034 986 09 02 04 Venres 25 de Setembro de 2020

Éxito de público e de reactivación comercial da Feira da Lama. a primeira durante o estado de alarma


Casi unha vintena de postos de sectores tan variados como o téxtil, alimentario, panadeiro, agrícola, queixeiro, embutido e un pulpeiro protagonizaron o “centro comercial rural da Lama”

 

O público respondeu de xeito sobresaínte na recuperación da Feira da Lama, a primeira que se celebra neste municipio desde que se decretara o Estado de Alarma, e que se saldou con numerosa presenza de visitantes e importantes transaccións económicas que tiveron como protagonistas a casi unha vintena de postos de venta ambulante de sectores tan dispares como o téxtil, alimentario, panadeiro, agrícola, queixeiro, embutido e un pulpeiro que axudou a dinamizar este “centro comercial rural da Lama”.

Os postos, concentrados na Alameda de Lama, foron ubicados de tal xeito que se puderan respectar ao máximo as medidas de seguridade e distanciamento social. Asemade, membros do equipo de goberno e de Protección Civil coordinados polos tenentes de alcalde, David Carrera e Jorge Méndez, e o concelleiro, David Vidal, repartiron mascarillas entre as persoas que se achegaron ata a Feira e carecían delas, ademais de ubicar varios dispensadores de xel hidroalcólico para o uso da xente animada tamén polos voluntarios que percorrían este “centro comercial rural” ofrecendo de forma ambulante este líquido desinfectante.

A Feira da Lama, fiel á súa tradición, concentrou este domingo a vendedores ambulantes de roupa, calzado panadería, produtos da horta, queixería, embutidos, comestibles e plantas ademais do pulpeiro, que rexistrou longas ringleiras de persoas que se achegaban para mercar e levar para casa ou degustar baixo carpa e nas mesas habilitadas na Alameda o exquisito polbo.

Entre os asistentes atopábase o alcalde da Lama, Jorge Canda e membros do seu equipo de goberno, quen recibiu con satisfacción esta reapertura da actividade feiral como motor de dinamización económica do municipio e salientou que “moitisima xente veu ata a feira porque xa tiña gañas de participar nunha actividade destas características. Hai un ambiente común a todos caracterizado polas gañas de que se recupera a normalidade canto antes. De feito mírase que a xente ten gañas de volver a recuperar a súa vida, con prudencia e responsabilidade, pero coa decisión clara de que non haxa unha volta atrás”, indicou o alcalde.

PRESENZA EN DIRECTO DA TELEVISIÓN DE GALICIA

Outro dato de interese foi que durante toda a xornada, a Televisión de Galicia destacou á Feira da Lama unha unidade móbil desde onde fixo varias retransmisións en directo con entrevistas a visitantes e, sobre todo, a vendedores ambulantes que tamén van recuperando a normalidade na súa actividade económica.

O bo tempo tamén axudou a que moitas cuadrillas de amigos de Seixido ou Gaxate e Xende aproveitaran a celebración desta feira para achegarse non so a ver as novidades que ofrecen os distintos establecementos de venta ambulante senón a degusta-lo polbo, churrasco e a carne ao caldeiro que ofrecía o Pulpeiro Amador Porta, da Estrada, quen apostou desde hai uns meses pola recuperación da presenza desta actividade na feira lamense e que está contribuíndo decididamente ao seu éxito.

Deja un comentario