+034 986 09 02 04 Venres 25 de Setembro de 2020

O Concello de Pontevedra e APE GALICIA clausuran este luns o ciclo de 7 Encontros Dixitais “REINICIA PONTEVEDRA”, que reuniu a 30 autónomos conectados de media, e a 18 expertos intervintes de diferentes sectores


A concelleira de Promoción Económica de Pontevedra, Yoya Blanco, clausurará este luns ás 15:30 esta iniciativa, que se inclúe dentro da Plataforma “Reinicia Pontevedra”- Pontelovers

A Concellería de Promoción Económica do Concello de Pontevedra e a Asociación de Autónomos e Pequenas Empresas APE Galicia celebrarán este luns 1 de xuño a clausura do Ciclo de 7 Encontros Dixitais REINICIA PONTEVEDRA. A concelleira de Promoción Económica de Pontevedra, Yoya Blanco, realizará a clausura entre ás 15:30 e as 16:30, xunto co presidente da Asociación de Autónomos e Pequenas Empresas APE GALICIA, José Ramón Caldas. Neste programa de relanzamento empresarial, organizado pola Secretaría Técnica de APE GALICIA, ofrécense gratuitamente a autónomos e pemes dúas accións: por unha banda, asesoramentos persoalizados para 25 negocios, e por outra banda 7 encontros dixitais de temáticas transversais e multisector.

Participantes e perfil. O ciclo de 7 Encontros acadou un interese sostido e estable por parte do tecido económico pontevedrés, pois estiveron sempre conectados 30 autónomos, de media, durante os 7 encontros. O perfil destes participantes foi de xerentes e propietarios, tanto de pequenos comercios como de empresas de servizos e profesionais autónomos, instalados dentro do Concello de Pontevedra na súa grande maioría.

Intervintes luns 1 xuño. O título do coloquio deste luns 1 xuño é “Estratexias de dixitalización: rendibilidade e erros a evitar”. Os expertos que interveñen son Cany Juncal, especialista en decoración de tendas; Elena Vitoria, de Cartablanca Marketing Gastronómico, e Miguel Ángel Souto Fraga, coordinador deste Ciclo e director de Cimak Consultores de Ventas e Marketing en Pontevedra.

O ciclo de 7 encontros virtuais “Reinicia Pontevedra” celebraronse dende o pasado luns 11 de maio. En todos eles, abordáronse temáticas transversais para o tecido comercial e económico de Pontevedra. Participaron en total 18 especialistas en xestión empresarial e autónomos e pemes da cidade, en diálogo, e compartindo experiencias.

Deja un comentario