+034 986 09 02 04 Martes 14 de Xullo de 2020

A Deputación de Pontevedra abre hoxe o prazo de solicitudes para participar na IV edición dos Premios Provinciais á Xuventude


O prazo estivo suspendido ata agora aínda que as bases foron publicadas para que mozos e mozas puideran ir preparando os seus proxectos

A dotación económica dos galardóns increméntase este ano ata os 32.000 euros que se repartirán entre as oito categorías dos Premios

A Deputación de Pontevedra abriu este luns 1 de xuño o prazo de solicitudes para participar na IV edición dos Premios Provinciais á Xuventude, que este ano teñen unha dotación económica de 32.000 euros, o que supón un incremento dun 45% respecto o ano pasado. O prazo manterase aberto ata o 31 de agosto e as persoas interesadas en participar poden preinscribirse, preferiblemente por vía electrónica, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica https://sede.depo.gal.

Aínda que, a consecuencia da declaración do estado de alarma polo COVID-19, o prazo de presentación dos proxectos foi suspendido temporalmente, a Deputación de Pontevedra xa adiantara na primeira quincena de abril o lanzamento da iniciativa coa publicación das bases co fin de que a mocidade aproveitase o confinamento para comezar a idear e desenvolver os seus proxectos.

Nesta cuarta edición dos Premios as oito categorías son iniciativa social, empresarial, contido dixital, educación en valores, traballo musical, literario, fotografía orixinal e deseño e moda. Esta última modalidade continúa neste 2020 tras o éxito colleitado na súa estrea, na edición anterior. Unha das novidades deste ano é que, na modalidade de educación en valores dirixida aos centros de educación secundaria, a idade mínima das mozas e mozos que poden participar adiántase aos 14 anos, cando ate agora era de 16 a 18 anos. Salvo nesta categoría, os IV Premios Provinciais á Xuventude están dirixidos a mozas e mozos de 16 a 35 anos, que poden concursar nunha ou en varias modalidades cun único proxecto orixinal en cada unha delas. As gañadoras e gañadores recollerán os seus trofeos nunha gala que terá lugar durante o último trimestre do ano.

Deja un comentario