+034 986 09 02 04 Martes 14 de Xullo de 2020

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés reactivou hoxe a súa unidade de reanimación do Hospital Montecelo tras rematar as obras de mellora


Esta iniciativa asistencial mellora os niveis de confort e illamento dos pacientes que presentan necesidades de vixilancia continuada, optimizando a operatividade dos anteriores espazos
A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés ven de reactivar asistencialmente a súa unidade de Reanimación do hospital Montecelo, toda vez que rematou satisfactoriamente a execución dun proxecto arquitectónico de mellora desta área, dando resposta a unha solicitude realizada tempo atrás pola maioría de profesionais desta unidade no prazo establecido.

Esta iniciativa de mellora asistencial, que se desenvolveu no hospital Montecelo do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra ao longo das últimas dúas semanas, potencia os niveis de confort e illamento dos pacientes que presentan necesidades de vixilancia continuada, optimizando a operatividade dos anteriores espazos.

Incremento de novos boxes de illamento
Así, os traballos rematados na unidade de Reanimación supuxeron un notable incremento de novos boxes de illamento -pasando de un a catro novos boxes- así como o pintado integral de toda a área, a súa renovación da iluminación con tecnoloxía LED, a limpeza de condutos e o reforzo do cableado eléctrico dunhas dependencias que contan con 10 postos de asistencia, ampliables ata os 11.

Segundo sinala a Xefe de Sección de Anestesioloxía, Reanimación e Terapia da Dor do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, a Doutora Marina Varela Durán, “a planificación para acometer esta iniciativa contemplou que, durante o período de obras de mellora da Unidade de Reanimación do Hospital Montecelo, os doentes que requiriron tratamento deste tipo emprazáronse nas Unidades de Espertar postanestésica e de Cirurxía Maior Ambulatoria, dependencias que esta área sanitaria readaptou e reforzou para atender pacientes críticos durante a pandemia polo COVID-19. A porcentaxe de reactivación da actividade cirúrxica no CHUP tras o pico pandémico é nestes intres dun 70%”.

Deja un comentario