+034 986 09 02 04 Martes 14 de Xullo de 2020

A Xunta inicia os traballos da substitución do colector de drenaxe na PO-551 ao seu paso pola parroquia de San Martiño en Bueu


Os traballos permitirán poñer fin aos problemas freáticos causados polas obras de canalización do río Loureiro e contan cun orzamento de case 30.000 euros

O xefe territorial de Infraestruturas e Mobilidade en Pontevedra, José Luis Díez e o xefe do Servizo da Axencia de Infraestruturas provincial, Manuel González Juanatey, acompañados do alcalde da localidade, Félix Juncal, e da portavoz popular, Elena Estévez, visitaron hoxe o inicio das obras de substitución do colector de drenaxe na PO-551 ao seu paso por Bueu e que teñen coma obxectivo corrixir a descomprensión do recheo que provocou un descenso da rasante do carril esquerdo que ameazaba con xerar problemas nesta estrada.

Estas obras consisten na substitución dun colector de drenaxe e a súa conexión á rede, recentemente renovada, no punto quilométrico 10+350 da PO-551, na parroquia de San Martiño.

No ano 2018 foi necesario acometer unhas obras de reparación neste punto da estrada debido á acción erosiva do río Loureiro, que está canalizado augas arriba desta estrada a través dun colector en mal estado de conservación o que provocou a descomprensión do terreo.

Para solucionar esta situación foi necesario demoler a beirarrúa e os firmes sen apoio afectados así como canalizar o río augas arriba do pozo de rexistro e reconstruír este pozo, repoñendo o recheo, os servizos afectados e aos firmes e pavimentos.

Sen embargo, posteriormente detectáronse subidas do nivel freático nun soto do inmoble ao carón de onde se executaron as obras, motivo que levou a posta en marcha dos traballos que hoxe comezan.

Debido ao feito de que o vial sobre o que hai que realizar as obras conta cunha elevada intensidade media de tráfico, optouse por un sistema de perforación horizontal para solucionar o problema sen ter que volver a abrir gabias nun tramo sobre o que se actuou fai menos de dous anos.

Este sistema permite a realización dun sondaxe para a instalación de tubaxes subterráneas, mantendo a traxectoria da perforación. O obxectivo é executar unha perforación horizontal ata o punto previsto de saída e realizar progresivos ensanches ata alcanzar o diámetro final. Finalmente, se introduce a tubaxe e lévase, mediante o tiro da máquina de perforación, ata o punto de saída.

O orzamento destes traballos, que teñen un prazo de execución dun mes, rolda os 30.000 euros co IVE.

Deja un comentario