+034 986 09 02 04 Martes 14 de Xullo de 2020

Chegan a Mos as 2.000 mascarillas infantís extraviadas, que comezan a saír hoxe por correo cara aos domicilios dos cativos mosenses


Son para nenos/as de idades de 3 a 14 anos e trátase de material sanitario de protección infantil, tipoloxía FFP2, doado pola empresa mosense RODAVIGO a través da iniciativa Pulso Solidario

Xa se atopan en Mos as 2.000 mascarillas infantís que estaban extraviadas en paradeiro descoñecido e que foron doadas ao Concello de Mos pola empresa mosense RODAVIGO Suministros Industriales, Rodamientos Vigo S.A. (ubicada no mosense Polígono Industrial do Rebullón), a través da iniciativa ‘Pulso Solidario’.

Trátanse de 2.000 mascarillas infantís para protexer á poboación mosense de entre 3 e 14 anos de idade.

Agora que xa se atopan en Mos, as 2.000 mascarillas infantís comezaron hoxe martes, 2 de xuño, a saír por correo postal cara aos domicilios dos/as cativos/as destinatarios/as das mesmas.

Desde o departamento de Rexistro Xeral e Padrón Municipal fíxose un arduo traballo para localizar todas as direccións dos fogares dos destinatarios destas mascarillas que contan cunha característica moi importante, que é que se tratan de tipo FFP2 con homologación certificada.

Deja un comentario