+034 986 09 02 04 Sábado 15 de Agosto de 2020

Regresa á provincia un novo grupo do alumnado do “Erasmus + Practicum Depo” tras o remate das mobilidades en empresas europeas


A partir deste mércores 3 de xuño volven ao país 7 alumnos e alumnas tras concluír as súas prácticas en Italia, Finlandia e Irlanda

Tres dos participantes no programa da Deputación foron contratados polas empresas onde estaban, en Cork, Belfast e no Alentejo, respectivamente

Desde o inicio da crisis sanitaria orixinada pola Covid-19 a Deputación de Pontevedra está a organizar o regreso a España do alumnado do programa “Erasmus + Practicum Depo” ante o remate das mobilidades que comezaron a principios de xaneiro, consistentes en prácticas preprofesionais en países da Unión Europea. Deste xeito, alumnas e alumnos procedentes de Italia, Finlandia e Irlanda, inician a volta as súas casas a partir deste mércores 3 de xuño.

Coa finalidade de garantir a seguridade do alumnado ao longo de todo o proceso de volta, a Deputación ten confirmados os voos e medios de transporte para este grupo e está a realizar un seguimento individualizado de cada persoa e itinerario ata a chegada aos seus domicilios na provincia. De feito, ata o vindeiro venres 5 de xuño, regresarán 7 alumnos e alumnas que veñen de realizar as súas prácticas en Italia, Irlanda e Finlandia.

Amais destes casos a Deputación de Pontevedra vén de ser informada de que un dos alumnos quedarase a traballar na empresa coa que estivo facendo prácticas, en Cork (Irlanda), outro foi contratado en Belfast, e que outra alumna atopou traballo na empresa do Alentejo (Portugal) onde desenvolveu a súa estadía. Por outro lado, tres mozos e unha moza decidiron alargar as súas mobilidades traballando nas empresas ata setembro/outubro. Así, só restan dez alumnas e alumnos por volver á provincia, o que se producirá nas próximas semanas.

Durante a crise sanitaria a Deputación estivo a coordinar co Goberno de España a repatriación voluntaria do alumnado que estaba en cidades europeas e que solicitou a volta pola crise do Covid19. A institución provincial mantivo xunto co SEPIE, Servizo Español para a Internacionalización da Educación, contacto diario con cada unha das alumnos e alumnos desprazados, realizando un seguimento persoal e dotándoos de información sobre a evolución da pandemia.

Deja un comentario