+034 986 09 02 04 Martes 24 de Novembro de 2020

O Concello propón a creación de zonas de estacionamento con horario limitado sen custo no casco urbano


O primeiro borrador da ordenanza foi tratado esta semana na Comisión de Tráfico e agora entrará nun período de exposición pública a través da web do Concello.

O estacionamento no termo municipal e a necesidade de repensar o uso do espazo público é un dos eixos
nos que leva traballando o Goberno local desde hai meses. A necesidade de reorganizar chan dispoñible
para o parque automobilístico vén motivada polo escaso movemento dos vehículos que estacionan no
casco urbano, polo que non sempre é sinxelo atopar un sitio para aparcar.
Nesa liña, a Concellaría de Tráfico impulsa a posta en marcha dunha ordenanza que regulará a creación
dunha Zona de Estacionamento Horario Limitado, e cuxo proceso de tramitación foi exposto esta mañá na Comisión Informativa.
A partir de agora, o documento entra nun período de exposición pública para fomentar a participación
cidadá na súa elaboración. O equipo técnico do Concello estudará as achegas que poidan xurdir, para
despois elaborar o documento final, que contará cos informes correspondentes. Este documento final será tratado de novo en Comisión para despois aprobalo de xeito definitivo.
“O noso obxectivo é poder garantir a rotación dos aparcamentos, facendo unha distribución equitativa
entre todas as persoas, de xeito que exista fluidez no tráfico e no tránsito peonil”, asegurou esta mañá o
concelleiro de Tráfico, Francisco Estévez.
Esta é unha importante demanda dos sectores comerciais, xa que melloran as posibilidades de movemento da cidadanía para facer compras no casco urbano, tendo alternativa de estacionamento relativamente cerca dos establecementos comerciais.
Que rúas se propoñen para a Zona de Estacionamento de Horario Limitado?
• Avenida de Ourense:
◦ Tramo comprendido entre o paso de peóns que hai fronte ao parque infantil do Museo Torres
até Praza de España
◦ Tramo comprendido entre o paso de peóns do parque infantil até a Rúa da Estrada
◦ Tramo comprendido entre o número 90 e o 96
• Exército e Marina: no tramo que vai da zona do peirao de carga do Mercado de Abastos até o monoliño da Liberación
• Rúa da Ponte: dende a zona de carga e descarga fronte á fonte até o cruce coa Rúa do Sol
• Concepción Arenal:
◦ Dende o cruce coa Rúa Jaime Janer até o cruce coa Rúa da Roda
◦ Tramo comprendido entre a EII O Grupo e o cruce con Méndez Núñez
• Jaime Janer: dende o cruce con Concepción Arenal até a intersección coa Rúa Busto de Abaixo
• Ezequiel Massoni: dende o seu cruce con Concepción Arenal até o cruce coa Rúa Busto de Abaixo

Que horarios se propoñen da “Zona Azul”
No borrador da ordenanza recóllese unha limitación de 60 minutos máximo, cun horario de aplicación de entre as 08.00 e as 20.00 horas de luns a venres, que se reducirá de 08.00 a 14.00 horas os sábados. Deste xeito, non aplicará a limitación horaria nin o sábado pola tarde, nin os domingos nin festivos e quedará paralizada entre as 14.00 e as 16.00 horas.
Que estacionamentos non estarán permitidos
• Os de vehículos de PMA superior a 3,500 kg, salvo autorización expresa
• Os de vehículos que realicen operacións de carga e descarga, salvo que teñan a oportuna autorización da Policía Local

Que casos estarían excluídos da limitación
• Vehículos de servizos asistenciais, de emerxencia, seguridade cidadá… que deben ter a súa autorización visible no salpicadero
• Aparatos elevadores, guindastres, vehículos de mudanzas…, con previa autorización municipal
• Vehículos oficiais do Estado, das Comunidades Autónomas ou das Entidades locais adscritos a Defensa Nacional e Seguridade Cidadá
• Industriais que realicen carga e descarga durante un tempo limitado, con autorización previa
• Ambulancias e vehículos de emerxencia

Método de control
O método de control que utilizará a Policía Local de cara a garantir o bo cumplimento da ordenanza será a ferramenta Mcam, que leva integrada un programa de recoñecemento de texto con capacidade de xeolocalización.
Deste xeito, faranse lecturas nas rúas que teñan zona azul que se compararán e o propio programa recoñecerá aquelas matrículas que sobrepasan o límite dos 60 minutos máximos permitidos na ordenanza.

Deja un comentario