+034 986 09 02 04 Martes 04 de Agosto de 2020

Marín programa o seu primeiro recital de poesía online


Participarán cinco artistas a través de vídeos nos que recitan creacións poéticas propias que se colgarán no Facebook e no Instagram do Concello o sábado e o domingo.

Carmen Quinteiro, Benito Piñeiro, Antón Sobral, Richard Pazos e Marisa Pintos. Ese é o cartel que
presentou esta mañá a Concellaría de Cultura do primeiro Festival de Poesía na rede que se organiza na
vila.
O festival desenvolverase de xeito online a través das redes sociais do Concello (Facebook e Instagram)
durante esta fin de semana, o sábado e o domingo, repartindo os vídeos nos que os participantes recitarán creación poéticas propias.
Desde a Concellaría animan a todos os amantes da poesía a estar “enganchados” ás redes durante estes
dous días para gozar dun recital que podería ser trasladado a un espazo físico cando así sexa permitido.

Deja un comentario