+034 986 09 02 04 Martes 22 de Setembro de 2020

O Concello desinfecta os parques infantís de cara á súa reapertura esta fin de semana


A Policía Local procederá ao desprecinto das áreas infantís a partir de mañá pola tarde e colocará carteis informativos coas medidas sanitarias e de hixiene de obrigado cumprimento.

Os nenos e nenas de Marín poderán xogar de novo nos parques infantís municipais a partir de mañá pola tarde. Así o anunciou esta mañá o Concelllo, que indicou que desde o martes desta semana estanse a realizar desinfeccións en todas as áreas recreativas, de cara á súa nova posta en funcionamento.
A Policía Local desprecintará aquelas áreas que foran limpadas, dado que se seguirá con ese batallón de desinfeccións paulatinamente, e colocará carteis informativos nos que, con iconografía clara e sinxela, se
entenda a necesidade de manter en todo momento as medidas de hixiene e seguridade recomendadas.
Tal e como xa se ven pregando noutros espazos públicos, o Concello apela á responsabilidade individual
e ao comportamento cívico para gozar de novo dos espazos para os cativos con sentidiño, sen relaxar as
medidas de prevención de contaxios.

Canchas ao aire libre e asadores do Lago
Tamén desde hai dúas semanas procedeuse á reapertura das canchas deportivas municipais ao aire libre,
así como a posta de novo en marcha dos asadores no Lago de Castiñeiras.
En todos estes casos, o Concello colocou carteis con mensaxes informativos e de concienciación, para que o proceso de desescalada sexa respectado, recuperando pouco a pouco o dominio do espazo público pero sen perder de vista extraordinaria situación que estamos a vivir.

Deja un comentario